NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, SOBRE O NOVO CONSELLEIRO DE SANIDADE (o 5º DENDE QUE GOBERNA O PP DE GALICIA
Nota AGDSP novo consellerio sanidade
| mar, 16 abr, 11:16 (hace 1 día) | |||
NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, SOBRE O NOVO CONSELLEIRO DE SANIDADE (o 5º DENDE QUE GOBERNA O PP DE GALICIA):
Co nomeamento do Novo Conselleiro de Sanidade, o PP na Xunta de Galicia deixa ben claro cal é a súa prioridade para o Sistema Sanitario Público Galego en crise permanente tras a nefasta e incompetente xestión do anterior Conselleiro de Sanidade, que deixou o sistema nunha situación límite para atender a demanda sanitaria da poboación.
O anterior Conselleiro, físico de profesión, non proviña da Atención Primaria, e o actual tampouco. O novo conselleiro de sanidade provén da Atención Hospitalaria e ten fortes lazos e comparte intereses con laboratorios e empresas fabricantes de aparellos tecnolóxicos, especialmente no área do cancro, foco prioritario de negocio de laboratorios e empresas de alta tecnoloxía sanitaria
A Xunta do PP, aposta con este nomeamento polo seguinte:
1º- Potenciar a estratexia baseada na reparación da enfermidade (probas diagnósticas, radioterapia, cirurxía..) en lugar de apostar pola promoción, prevención, rehabilitación e traballo comunitario, necesarias para actuar sobre os determinantes dos problemas de saúde e rebaixar a carga de enfermidade da poboación, que non deixa de medrar
2º-Abandonar definitivamente á Atención Primaria e á Saúde Pública, que agonizan pola falta de persoal e de recursos.
3º- Existe un alto risco de que se dediquen os fondos europeos tras a Covid (Next Generation) a realizar compras masivas de aparellos tecnolóxicos (algúns moi cuestionados) , en lugar de destinalos á recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia
Dende a AGDSP propoñemos ao novo conselleiro de sanidade:
· Incrementar o persoal de Atención Primaria (medicina de familia, enfermaría, psicoloxía clínica, fisioterapia, traballo social, persoal administrativo, saúde dental, logopedia, atención temperá, optometría …) para unha atención integral nos Centros de Saúde.
· Abrir novos Centros de saúde e PAC (especialmente no rural abandonado) e recuperar os servizos de pediatría pechados
· Reabrir as Áreas Sanitaria pechadas e mellorar a dotación dos hospitais comarcais, en proceso de desmantelamento
· Crear unha rede de saúde pública para á mellorar a saúde da poboación e protexela das novas pandemias
· Mellorar as condicións laborais do persoal de AP para evitar a súa fuxida fóra de Galicia.
Con todo, este nomeamento evidencia o que pretende a Xunta do Sr Rueda, favorecer, aínda máis, os negocios das empresas multinacionais afíns, en lugar da saúde da poboación
Asociación Galega para a defesa da Sanidade Publica