Saltar ao contido principal

Non nos sometemos á censura do PP!

 Non nos sometemos á censura do PP! O 25 DE ABRIL HABERÁ ACTO SOBRE LENIN EN FERROL!

 Equiparar a Lenin con Hitler non só é unha terxiversación histórica escandalosa, senón que é un insulto á

 memoria de decenas de milleiros de militantes comunistas (unha parte españois exiliados trala vitoria

 franquista) que xogaron un papel decisivo na derrota do fascismo na Segunda Guerra Mundial. Vencellar

 a Lenin co stalinismo é outra terxiversación histórica, non só porque Lenin morreu en xaneiro de 1924,

 senón porque na última etapa da súa vida Lenin loitou contra el, ata o punto de que no seu chamado

 “Testamento político” pedía a destitución de Stalin como secretario xeral do Partido Comunista soviético.

 A dereita ataca a Lenin porque non lle perdoa que encabezase a primeira revolución socialista triunfante

 da historia. Odia a Lenin porque encarna a idea de que os traballadores e traballadoras podemos acabar co

 capitalismo e transformar a sociedade. Os representantes do PP saben que minten, igual que o sabía

 Esperanza Aguirre cando hai uns días afirmou que a culpa da guerra civil foi do PSOE. Pero dálles igual

 porque teñen unha mentalidade autoritaria. Sempre foron uns franquistas vergoñentos, pero cada vez

 perden máis a vergoña, como demostra a derrogación das leis de Memoria Histórica en varias

 autonomías onde gobernan con Vox (alianzas ás que non lles aplican a resolución esa do Parlamento

 Europeo que esgrimen contra o noso acto, a pesar do carácter fascista de Vox). Esquerda

 Revolucionaria e a Fundación Federico Engels non aceptamos a censura. Ata o ultimo minuto

 intentaremos que o presidente do Ateneo Ferrolán rectifique e, por tanto, MANTEMOS A

 CONVOCATORIA DO ACTO para este xoves 25 de abril ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán. E se

 finalmente o acto non pode desenvolverse dentro do Ateneo, celebrarémolo noutro lugar. A dereita non

 vai lograr impoñer a súa censura reaccionaria! O 25 DE ABRIL ÁS 7 DA TARDE VAI HABER UN

 ACTO SOBRE LENIN EN FERROL SI OU SI! No mesmo intervirán Xaquín García Sinde, dirixente

 sindical en Navantia, e Víctor Taibo, madrileño con raíces na nosa cidade (seu pai é o ferrolán Rafael

 Taibo, coñecido locutor xa xubilado de Radio Nacional, emisora que abandonou por motivos políticos durante o franquismo e á que retornou tralo fin da ditadura). Ferrol, a 24 de abril de 2024