Saltar ao contido principal

Todas/os contra o xenocidio!

 



Todas/os contra o xenocidio!


Estimadas compañeiras e compañeiros:


Hoxe somos testemuñas dunha traxedia inimaxinable: o xenocidio en Gaza. Nenas, nenos, mulleres e homes inocentes están a ser vítimas dunha violencia atroz. A poboación civil, desarmada e indefensa, sofre o asasinato masivo, a falta de atención médica e a fame.


Na nosa querida cidade de A Coruña, a maioría da cidadanía está contra esta masacre. Porén, enfrontámonos a un dilema: Cómo expresar a nosa indignación de maneira efectiva? Como alzar a nosa voz en contra desta inxustiza?


Propoñemos realizar un acto unitario de solidariedade e protesta que sume sensibilidades diversas. No VIII Encontro Internacional Acampa deste ano, levantaremos un memorial á infancia exterminada en Gaza. Queremos que este memorial sexa un símbolo da nosa resistencia e da nosa loita pola dignidade e a humanidade. Nel representamos a toda a infancia asasinada nos máis de cincuenta conflitos armados en curso.


Convocamos a todas as sensibilidades que se opoñen ao xenocidio a unírense neste espazo común e de solidaridade que representa a Rede Acampa.


O próximo venres 22 de marzo, ás 19:30h reunirémonos no Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36, A Coruña) para organizar unha convocatoria multitudinaria que concite todas as sensibilidades, todos os colectivos da cidade e que amplíe a participación da cidadanía.


No Encontro Internacional Acampa, convocaremos unha concentración diante do memorial para gardar un minuto de silencio na honra das vidas perdidas. Pero necesitamos que participedes de forma activa. A vosa presenza, a vosa convocatoria, fará que esta protesta chame a atención e exerza presión sobre quen perpetúa esta traxedia.


Unámonos nun berro unánime pola paz, a xustiza e a humanidade. Xuntos e xuntas, podemos marcar a diferenza.


Todas/os contra o xenocidio! Non faltedes a esta reunión preparatoria.


Aperta


Equipa de Acampa