Saltar ao contido principal

Presentación do libro " FRANCISCO VILLAMIL "

                       



Cubainformación / Texto e fotos da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Editado con motivo do 40 aniversario da asociación, o libro sobre a vida do Xeneral de División do exército mambí e heroe da Guerra de Independencia de Cuba que dá nome a Asociación de Amizade Galego-Cubana, esgotou a súa primeira edición.


Esta obra da autoría do xornalista e historiador cubano Eddy E. Jiménez, foi presentado en Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra. As palestras foron organizadas pola asociación en colaboración con organizacións amigas como son Erguer e Mádia Leva ou por librarías solidarias como Cartabón e Paz.

Fican pendentes as presentacións de Cangas e Ferrol, para as que xa hai data o 15 e 20 de marzo respectivamente, así como A Coruña, Nigran, Moaña, Redondela, Ponteareas e Baixo Miño. Para estas presentacións, está xa no prelo unha segunda edición.

Así mesmo, imprimiuse unha edición non venal en español que se enviou a Cuba, que o autor Eddy E. Jiménez, entregará en bibliotecas e universidades e que a presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, acompañada do autor, entregou no ICAP e no Instituto de Literatura e Lingüística no que se encontra o fondo galego mais completo de toda América Latina.