Saltar ao contido principal

Película dirixida por Roi Cagiao " 10 de marzo "

Onte no CC Carvalho Calero, organizado pola A.C. Fuco Buxán dentro dos actos conmemorativos do

 “Día da Clase Obreira Galega”, tivo lugar a presentación do DVD “10 DE MARZO” a película

 dirixida por Roi Cagiao que recolle os feitos do 10 de Marzo de 1972 en Ferrol. A proxección foi

 seguida dun coloquio cos asistentes no que participaron o Director do film e Susana Alaniz, Presidenta

 da Asociación. O DVD do filme, con versión orixinal en galego + versión en castelán + abundante

 material extra... Estará en breve á venda nas librerías das que se publicará información.