Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA ...REUNIÓN NO CONCELLO DE NEDA

 


NOTA DE PRENSA. 
REUNIÓN NO CONCELLO DE NEDA.
Hoxe, membros da Directiva da nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, mantiveron unha reunión de traballo co Grupo de Goberno do Concello de Neda, a fin de tratar diversos temas da Memoria. 
Nela acordamos continuar coas diversas exposicións, visitas guiadas e charlas ao alumnado do Instituto, conferencias e outras actividades.
Como fruto tamén deste interesante encontró, solicitaremos, en próximas datas, a creación neste Concello do Consello Sectorial Municipal da Memoria, como órgano asesor nas cuestións da recuperación da Memoria Histórica e de cumprimento da Lei da Memoria Democrática.