Saltar ao contido principal

Nota apoio de SOS a poboacion palestina

  


Dende  Plataforma SOS Sanidade que defende o dereito a saude da poboacion Galega queremos comunicar a opinión pública a nosa repulsa en condena aoa xenocidio da poacion de Gaza polo Estado de Israel: 

A destrución de toda a infraestructra sanitaria de Gaza, comezando polos hospitais, xunto co asesentato do persoal, medicos e medicas, etc., ademáis do peche absoluto das fronteiras impedindo o paso da axuda en medios e meiciñas, pon á poboación palestina en Gaza ante unha catastrofe humanitaria de incalculables proporcións.

Na Franxa, tras catro meses de ataques hai mais de 30 mil persoas mortas polos bombardeos sionistas, alem de miles de cadaveres baixo os escombros e 75 mil feridas sen atención sanitaria. As mulleres dan a luz en medio desta destrución en tendas de campaña, nas últimas semanas houbo 300 abortos espontaneos alen das enfermidades provocadas pola inexistencia de infraestruturas de auga potable, etc.

Porque non so os matan os bombardeos, mas tamen as enfermedades e a fame; é unha limpeza étnica planificada que constitúe un verdadeiro crime de lesa humanidade que non só se produce en Gaza, Na Cisxordania 12 mil persoas feridas polos bombardeos e ataques diarios son atendidas en condicións precarias impostas polo sistema de aparheith, que impide o libre paso polos “checks points” do exercito sionista.

O persoal sanitario do mundo, e especialmente nos estados como o Español e os membros da OTAN que apoian a Israel, non pode asistir pasivamente á violación dos direitos da poboación á unha asistencia sanitaria digna, e teñen que ser parte da esixencia do cese inmediato dos ataques, o respecto absoluto ás necesidades sanitarias da poboación e a condena do Estado Sionista de Israel. .

Por todo iso, é preciso mobilizarnos e facer pública a nosa oposición total ao xenocidio que, diante dos nosos ollos e retransmitido polas Tvs, estase a producir en Palestina, como cidadans nas ruas e como persoal sanitario nos Centros de Saude e Hospitais. 

Manuel Martin. Voceiro