Saltar ao contido principal

As Mulleres do Mundo, marcharemos, ata que Palestina sexa libre do río ao mar!

 Hoxe, a Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, no marco das 24 horas de acción feminista en solidariedade con Palestina

colocou unha pancarta na ponte sobre a autovía, na estrada de San Xoán a San Pedro.


 

            As Mulleres do Mundo, marcharemos,

ata que Palestina sexa libre do río ao mar!

 

A medida que o sol sae e se pon en diferentes partes do mundo, as nosas voces elevaranse ao unísono, facendo eco das nosas demandas comúns por un mundo mellor.

            Este 30 de marzo de 2024, as mulleres do mundo seguirán ao sol mentres rodea a Terra durante 24 horas de acción solidaria feminista. Ao mediodía, en todos os fusos horarios do planeta, organizaremos accións feministas para mostrar o noso apoio ás mulleres e ao pobo palestino. Este relevo horario comezará nas illas do Pacífico, continuará por Asia, a rexión MENA e Europa, antes de concluír nas Américas.

            Durante 24 horas percorreremos o planeta, atravesando continentes e fusos horarios, para apoiar ás mulleres e ao pobo palestino, e amplificar as súas voces, que reclaman o seu dereito a resistir e loitar pola súa liberdade. Faremos fincapé na necesidade urxente de poñer fin inmediatamente á ocupación e xenocidio israelís.

            Estas accións sincronizadas son un poderoso recordatorio da nosa interconexión e da forza que vén da nosa unidade na acción.

            Cada hora que pasa renovamos a nosa determinación de desafiar os sistemas patriarcais, desmantelar estruturas opresivas e construír unha sociedade máis xusta e equitativa para todas. Xuntas, marchamos cara ao futuro, guiados pola luz da solidariedade e a promesa dun mañá xusto e igualitario.

            Únete a nós nesta viaxe transformadora, seguindo o sol e espallando a mensaxe de esperanza, loita e solidariedade por todos os recunchos do planeta.

 

                   MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA






"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres