Saltar ao contido principal

Vista oral en Madrid do xuizo aos compañeiros de Cubainformación tv

 Prezadas compañeiras,

Prezados compañeiros.

 

O vindeiro 15 de febreiro realizarase en Madrid a vista oral do xuízo contra os nosos compañeiros de Cubainformación.tv, da asociación Euskadi-Cuba e nomeadamente contra o xornalista José Manzaneda, director dese medio informativo solidario con Cuba.

Este xuízo foi promovido por unha das incontábeis organizacións mercenarias do Departamento de Estado norteamericano chamada Prisoners Defenders e nel solicítanse 70 mil euros de sancións e ata 6 anos de cadea contra o compañeiro José Manzaneda.

 

Solicitamos da vosa organización o voso apoio e solidariedade urxente para os nosos compañeiros, que podedes expresar (no caso de non o ter feito aínda..):

enviando a vosa adhesión a esta campaña antes do 15 de febreiro, ao correo: 

prensamescuba@gmail.com


divulgando na medida do posíbel entre a vosa afiliación e persoas amigas os materiais informativos que anexamos nas ligazóns seguintes:

https://terrasenamos.org/o-xornalismo-critico-de-cubainformacion-e-obxecto-dun-arbitrario-cerco-xudicial-economico-e-mediatico/

 

https://www.cubainformacion.tv/contra-cuba/20240129/107231/107231-con-cubainformacion-y-euskadi-cuba-defendamos-la-cooperacion-la-libertad-de-expresion-y-el-fin-del-bloqueo-de-eeuu-contra-cuba-adhesiones-de-colectivos-a-comunicado-euskaraz-francais-portugues

 

realizando algunha achega económica á campaña de financiamento solidario que permita afrontar os gastos procesais:

https://www.goteo.org/project/por-un-articulo-que-denuncia-el-bloqueo-de-eeuu-a-

 

Atentamente, recibide un saúdo antiimperialista.

 

Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"