Saltar ao contido principal

petición de difusión-SOS SANIDADE

 Ola a todxs:

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galica, mandamos esta informacioón para pedirvos axuda de novo, nun último esforzo, para que todo o mundo teña en conta a terrible situación da Sanidade Pública Galega neste día de reflexión, previo a unhas votacións decisivas para Galiza.. 
Hoxe sábado a partir das 12 horas, lanzaremos unha mensaxe nas redes sociais, sería unha enorme axuda se puidesedes replicar e difundir o máximo posible. Distribuir o vídeo completo: https://sossanidadepublica.wordpress.com/2024/02/02/dep/
¿Queres un bo plan para este día de reflexión? Anímate a ver o video DEP no que de xeito áxil e rápido descubrirás moitas cousas que non sabes sobre as causas da terrible situación da Sanidade Pública Galega.
Os  motivos de porqué non temos servicios mínimos nos centros de saúde, porqué non hai ambulancias suficientes, porqué temos que agardar casi un ano para que nos atenda un especialista ou temos listas de espera de ata 5 ou 6 anos para ter plaza nunha residencia de maiores. Todo ten un motivo e tamén unha posible solución!
Neste enlace podes ver o video completo (con opción de subtítulos en castelán) e tamén acceder a breves cortes clasíficados por temáticas:  https://sossanidadepublica.wordpress.com/2024/02/02/dep/
Mil gracias pola difusión!
#DEP. #DestruirÉoPlan
Tamén vos pasamos algúns enlaces a cortes da película, por se puidesedes difundir tamén ao longo da fin de semana. A partir das 12 haberá máis na  web, propia pestaña do documental ,
Mil gracias a tod@s pola axuda!

amiguismo-oposicións amañadas

O equipo de comunicación da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.