Saltar ao contido principal

NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP) TRAS AS ELECCIONS DO 18 DE FEBREIRO

 




NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP) TRAS AS ELECCIONS DO 18 DE FEBREIRO


A vitoria electoral do PP o pasado 18 de febreiro,  supón unha ameaza  para a supervivencia do Sistema Sanitario Público Galego que e necesario afrontar.


Levamos anos denunciando o desmantelamento sistemático da sanidade pública, que pon en risco o dereito á saúde da poboación (especialmente aos grupos máis vulnerables como nenos, mulleres, enfermos crónicos, persoas maiores ou dependentes que viven no rural ou en residencias), e propoñendo solucións.  Grazas a estas mobilizacións conseguimos frear unha parte das medidas privatizadoras. 


Afortunadamente existe un importante sector social implicado na defensa da sanidade  representado polas Plataformas SOS Sanidade Pública que se estenden por toda Galicia, que ten experiencia, contan cun gran respaldo social e co apoio de numerosas organizacións e institucións.    


Non podemos deixar á Xunta do PP, vía libre para aplicar á súa política de destrución do sistema,  pola contra é necesario  continuar e incrementar a loita na defensa do mesmo. Cada medida privatizadora debería ser contestada con mobilizacións a nivel local e galego, acompañadas de propostas alternativas  como  sempre fixemos ata o de agora.


Sabemos que unha importante parte da sociedade galega apoia o dereito á saúde pública e temos que conseguir facela maioritaria, xa que a necesidade dunha asistencia sanitaria universal e accesible e necesaria para toda a poboación,  bote a quen bote


Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, seguiremos denunciando o intento do PP de privatizar todo o Sistema Sanitario e chamamos a continuar ca loita pola Sanidade Pública en Galicia.