Saltar ao contido principal

Manifestación 4 de Febrero SOS SANIDADE PÚBLICA GALLEGA

 




Hoxe foi un grande dia para a Sanidade Pública Galega, por segunda vez foimos quen de encher con mais de 50.000 persoas a Praza do Obradorio e as rúas de Santiago.

Na manifestación,  unha marea de persoas, plataformas e organizacións expresaron  a sua repulsa a política de desmantelamento e privatización do noso Sistema Sanitario Público e puxeron enriba da  mesa 13 medidas factibles de aplicar e que suporían unha grande oportunidade para salvalo.

As organizacións e colectivos que integran SOS: Sociais, profesionais, sindicais  e políticas  foron capaces de superar as sas lexitimas diferencias para  ir xuntas na defensa da Sanidade Pública. 

Esta manifestación unitaria e  un exemplo para a sociedade galega e unha esperanza para o futuro da Sanidade Pública, que mostrou que  e posible cambiar o a situación de desastre do sistema sanitario publico coa  unidade e a capacidade de conseguir acordos, aínda nun  período electoral, para  salvar a Sanidade Pública. 

As Plataformas SOS Sanidade Pública de toda Galicia  mostraron ao Partido Popular que ten enfronte a unha gran parte da poboación galega, que esta disposta a loitar pola seu dereito a Saúde.