| jue, 8 feb, 20:20 (hace 23 horas) | |||
Galicia debería dispoñer dun orzamento sanitario un 20% superior á media do Estado e incrementar substancialmente o seu gasto en Atención Primaria, por catro motivos:
- O gasto Sanitario por habitante en 2024 e de 1.700 euros (inferior a media das CCAA), un 11,5% inferior ao do Pais Casco ou un 9,8% ao de Asturias
- Somo a segunda comunidade máis envellecida cun 26,2% de maiores de 65 anos (detrás de Asturias que ten un 27,2%). O envellecemento asóciase a un maior gasto sanitario xa que esta poboación necesita tres veces máis recursos sanitarios que os menores de 65 anos.
- Estamos á cabeza de todo o Estado en dispersión da poboación: o 35% da poboación galega vive no rural o que supón o 86% do total do territorio. Galicia concentra o 50% dos núcleos de poboación do Estado (a pesar de supoñer o 6% da poboación) que ten dereito a dispoñer de recursos de Atención Primaria.
- Unha orografía montañosa cun total de 5.508 quilómetros de estradas en gran parte estreitas e tortuosas (tan só 285 quilómetros son autoestradas de peaxe ou autovías) o que dificulta o acceso aos centros sanitarios.
Para garantir o acceso nun tempo razoable que non poña en risco a saúde (media hora desde cada domicilio) Galicia debería contar con moitos mais centros de saúde, PAC e traballadores no sistema respecto a media española e por tanto dispoñer dun maior gasto sanitario, especialmente para Atención Primaria.
Con todo, un recente informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública https://fadsp.es/fadsp/ sinala que:
1.- O gasto destinado a AP en Galicia supón tan só o 14,2% do gasto sanitario (un 43% inferior ao 25% recomendado pola OMS), absolutamente insuficiente para desempeñar as funcións que debería asumir e así se explican os problemas para acceder aos centros de saúde, as listas de agarda, a masificación das consultas ou a precariedade salarial e laboral do persoal.
2.- Galicia ocupa o 10º lugar (de 17 CCAA) neste gasto, un 5,4% inferior á media.
3.- Este gasto reduciuse un 4,7% respecto ao pasado ano (2023).
4.- 194 concellos carecen de Pediatría.
5.- Os Centros de Saúde rural son tan só 65 o último lugar das CCAA (mentres Castela León dispón de 3.605 e en Castela 2.111), e a pesar diso séguense pechando.
A falta de persoal e de centros, ten como consecuencia a masificación das consultas (medias de 35 a 50 pacientes ao día nas médicas) e importantes barreiras de acceso da poboación á Atención Primaria con listas de espera de 6,61 días (o 13,7% espera mais de 11 dias), hexemonía da consulta telefónica, perda da atención integral (promoción, prevención e rehabilitación) ou da atención domiciliaria para enfermos crónicos ou con discapacidade.
Isto habería que engadir a inestabilidade laboral (preto do 40% do persoal é interinos ou substituto) e unhas condicións salariais inferiores á media (o persoal tipo 1 que inicia a súa actividade profesional como interino eventual ou substituto con 30 anos ou máis) percibe unha media de 2.115 euros mensuais o terceiro pola cola do Estado. O soldo base dun médic/a é de 1.299 euros o mes.
Esta situación ten como consecuencia que:
- En 2022 Galicia rexistrase un exceso de mortalidade un 65% superior ao segundo ano da COVID, con máis de 3.000 defuncións das esperadas debido, entre outras causas, á tardanza nos diagnósticos.
- Unha maior Esperanza de Vida con Mala Saúde da poboación maior de 65 anos, unha das peores do Estado (a cuarta por arriba) cunha media de 24,8, anos mentres a española é de 21.9.
Para garantir o acceso de toda a poboación galega á asistencia sanitaria (AP) en condicións de equidade e nun tempo inferior a 48 horas, Galicia debería dispoñer duns recursos superiores á media, coa finalidade de :
- Crear novos Centros de Saúde, PAC e consultorios locais no rural, e recuperar os pechados polo SERGAS.
- Dispoñer de Pediatras en tódolos Centros de Saúde (agora só temos menos da metade) para evitar cás familias fagan a grandes e dificultosos desprazamentos.
- Incrementar o gasto en Atención Primaria ata alcanzar o 25% do total, para que este nivel poda ser realmente o eixo do sistema.
- Mellorar as condicións laborais e salariais do persoal ao servizo do Sistema Sanitario, para fidelizar ao persoal e incentivar a ocupación de prazas de difícil cobertura no medio rural.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública