Saltar ao contido principal

RESUMO da SANIDADE GALEGA do ano 2023

 





Resumo da Sanidade Pública Galega do ano 2023

Manuel Martin. Voceiro


A cruz 


Centros de Saúde e PAC inaccesibles, con relacións telefónicas en lugar de presenciais, masificados, sen pediatras nin persoal suficiente, masificada e con listas de espera de semanas; urxencias hospitalarias colapsadas, listas de espera cirúrxica manipuladas con mais da metade dos pacientes ocultos; abandono da Saúde Pública a pesar das epidemias; maiores abandonados nas Residencias; persoal maltratado pola inestabilidade e unhas condicións laborais precarias e indignas; ausencia de previsión para formar novo persoal etc., que se non se remedia conducirá irremediablemente  á deterioración e desmantelamento do  Sistema Sanitario Público 


A cara 


Un futuro de esperanza da man da alianza social e profesional que supoñen a multitude de Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e as grandes e numerosos mobilizacións que promoveron ao longo de todo o ano: Mais de 50.000 firmas de respaldo á  Iniciativa Lexislativa Popular, máis 50.000 persoas na Praza do Obradoiro, decenas de manifestacións de protesta en multitude de localidades etc., que mostran a frustración e o rexeitamento dunha gran maioría da  poboación a este desastre.


O sal da terra 


Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña Plataforma de Defensa da Sanidade Pública. Oia SOS Costa da Morte Plataforma Sanidade Pública O Rosal Plataforma de Moaña SOS Sanidade Pública Pediatras En Verín Xa Plataforma Sanidade de Tui Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado SOS Sanidade O Salnés Plataforma en Defensa da Sanidade Pùblica do Val Miñor Plataforma na defensa da Sanidade Pública de Ponteareas Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Sanxenxo Plataforma Defensa Sanidade Pública Barbanza Enfermeiras en Loita Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño Pediatras e matronas Xa Plataforma en defensa da Sanidade Pública en Tomiño. SOS Sanidade Pública Arcade-Soutomaior Cerdedo pola sanidade pública Pladesapu Monforte Plataforma Medico Catoira Plataforma en Defensa  da Sanidade Pública Comarca de Monterrei Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda SOS Compostela Sos Sanidade O Grove Chantada quere sanidade C.M. Santomé Piñeiro Marin ANPA Illa do Santo CEIP Ardán ANPA Abelendos, Pediatars e Matronas Xa REDE CIG, CCOO, UGT, BNG, PSG-PSOE, Sumar, Podemos, EU, Anova, Mareas, Partido Galego….


A porta á esperanza 


Dúas datas sinaladas para o comezo do ano 2024: 4 de Febreiro nova manifestación de SOS Sanidade Pública en Santiago e 18 de Febreiro Eleccións Galegas (como o Goberno da Xunta non Cambia a súa Política Sanitaria haberá  que cambiar de goberno)