ALTO O FOGO XA!
Como noutras cidades e vilas da Galiza e de todo o mundo, vémonos este sábado 13 de xaneiro, ás 18:30 hs na Praza do Concello de Ferrol. Trae o teu par de zapatos!
Cos nosos zapatos baleiros queremos simbolizar os milleiros de zapatos palestinos que xa non camiñarán, correrán nin saltarán polas rúas, camiños e terras da Palestina.
Representaremos os zapatos de crianzas e maiores que quedaron baleiros porque as persoas que os levaban foron exterminadas polo estado sionista de Israel.
RECLAMAMOS AO GOBERNO ESPAÑOL O APOIO Á DEMANDA E A SOLICITUDE DAS MEDIDAS PREVENTIVAS DE SURÁFRICA NA CORTE INTERNACIONAL DE XUSTIZA CONTRA O XENOCIDIO DE ISRAEL EN GAZA.