LEMBRANDO ÁS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO NO COLEXIO “JORGE JUAN” DE XUVIA-NARÓN.
Hoxe a nosa Asociación Memoria Histórica Democrática estivo no Colexio Jorge Juan, compartindo co alumnado as motivacións do “Día Mundial das Vítimas do Holocausto” que se celebra por todo o mundo, cada 27 de xaneiro, en lembranza ás persoas que sofriron prisión, tortura ou morte nos campos nazis de exterminio.
Presidente e varios directivos da Asociación e o historiador Enrique Barrera, secretario da mesma, realizaron, apoiados de diapositivas, a charla-coloquio cos alumnos, que o vindeiro Venres 26, visitarán a Exposición “Gallegos en Mauthausen”, na Biblioteca Central de Narón, e a continuación, no Salón de Plenos dese Concello participarán na ceremonia das candeas, que se encenden polos colectivos vítimas daquel exterminio.
Fotos: Bea Rascado.