

Cos nosos zapatos baleiros queremos simbolizar os milleiros de zapatos palestinos que xa non camiñarán, correrán nin saltarán polas rúas, camiños e terras da Palestina.
Moitas grazas a todos os colectivos e persoas particulares que decidiron organizarse para levar adiante estas convocatorias.
Agardámoste mañá para encher as prazas de zapatos e solidariedade!