Fwd: Acta xuntanza SOS Sanidade
ASISTENTES: Voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, voceiros/as das Plataformas de Vigo, Pontevedra, Compostela, Ferrolterra, Salnés, Sanxenxo, Valmiñor, Barbanza, A Coruña. A Voz da Sanidade de Cangas (que anunciou un acto para o 28 de xaneiro, as 12:30 h. martes, para “abrazar” o Centro de Saúde); Pediatras e Matronas xa! ACE. AGDSP. BNG, Podemos. CIG, CCOO. Isa. Paulino (REDE).
Disculpan aistencia: Plataforma do Seixo, A Mariña. Mamen Díaz.
ACORDOS:
1.- A manifestación sairá o día 4 de febreiro do 2025, da Alameda de Compostela e concluirá na Praza do Obradoiro. Teremos xuntanzas cas organizacións políticas participantes en SOS. Valorar na seguinte xuntanza, quen fai a presentación do acto, si temos actuación, quen lee o Manifesto, servizo de orden, etc.
2.- Os eixos para preparar a mobilización serán:
- Acordamos a convocatoria de mobilizacións, mesas de sinaturas, concentracións, actos, debates, repartición do folleto en centros sanitarios, etc. polas diferentes Plataformas durante todo o mes de xaneiro ao redor dos problemas de cada localidade.
- Cuñas radiofónicas durante os últimos 15 días. Do orzamento encargarase a CIG.
- Difusión de información e noticias en Redes Sociais (Facebook, Instagram ou Twitter) coordinados desde a Plataforma (enviar información para difundila nas mesmas). Retirar o Whatsapp da Comisión e quedarnos so co da ILP.
3.- Propuxéronse algúns pequenos cambios nas 15 medidas (Decálogo: cambiar o nome) que se achegan para a súa valoración. Faremos unha introducción expositiva previa de porque chegamos a esta situación. Deberiamos ter o documento definitivo o vindeiro luns 8 de xaneiro.
4.- Lema “Pola sanidade que queremos, que merecemos e pola que temos que loitar” (a incluír no folleto que acompaña ao cartaz).
5.- A difusión diaria de cada unha das medidas, a partir do 15 de xaneiro, que se realizará utilizando o logotipo tradicional de SOS.
6.- Para tratar sobre o financiamento das cuñas radiofónicas polas organizacións políticas, sindicais e profesionais, convocarase unha xuntanza presencial en Compostela a principios da vindeira semán.
Manuel Martin. Voceiro.