Saltar ao contido principal

12 de xaneiro. Día da Morte Digna en Galicia

 12 de xaneiro. Día da Morte Digna en Galicia

Recibidos

Asociación DMD Galicia dmdgalicia@derechoamorir.org

Adjuntos12:09 (hace 3 horas)
para
Bo día:
 
Como recordaredes, ao longo do último ano a Asociación Dereito a Morrer Dignamente-Galicia (DMDG) estivo, xunto con outros traballos, impulsando a recollida de sinaturas de apoio a unha declaración pública por parte de organizacións e entidades sociais representativas de diferentes eidos de actividade, coa finalidade de que pola Xunta de Galicia se instituíra o día 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia.
 
A vosa organización foi unha das asinantes (xuntamos a relación de sinaturas, e a mesma declaración).
 
Con eses apoios, o Grupo Parlamentario do BNG presentou a iniciativa da declaración en forma de Proposición non de Lei no Parlamento de Galicia no Pleno do pasado día 7 de novembro, recibindo os apoios dos Grupos do BNG e do PSdeG e a votación en contra do Grupo do PPdeG.
 
nda que o resultado da votación non foi favorable por mor da maioría absoluta do PP no Parlamento de Galicia, cremos que foi un avance para a reivindicación do día 12 de xaneiro como día da Morte Digna en Galicia (esperamos que no seu día outras maiorías sosteñan outras decisións).
 
O 12 de xaneiro xa é ese día no que, tódolos anos, recordaremos e reivindicaremos o avance no dereito á morte digna, e por iso continuaremos coas accións que dende hai 26 anos (dende que Ramón Sampedro morreu) vimos desenvolvendo.
 
Neste ano, como o ano pasado, convocamos a un acto na Praza do Obradoiro ás 13 horas. Terá carácter reivindicativo do dereito á morte digna (baseada no respecto á decisión autónoma das persoas, en condicións de coidado material e sanitario adecuados, e coa compañía que a persoa escolla). Tamén reclamaremos o recoñecemento oficial do propio día 12 de xaneiro como día da morte digna en Galicia.
 
A ese acto invitámosvos, porque avanzar na morte digna necesita dunha presenza social máis normal da mesma, require do interese xeral por superar o tabú, e esixe que se poñan os medios de atención sanitaria e social públicos necesarios para o adecuado respecto á decisión das persoas e para o coidado que as mesmas necesiten.
 
Esperando vernos o vindeiro día 12 na Praza do Obradoiro ás 13 horas, recibide un saúdo
 
 

 

Asociación DMD (G-78599578). Le informamos que los datos personales y cualquier otro contenido en los correos electrónicos y ficheros adjuntos, no serán incorporados a nuestra base de datos en ningún caso sin consentimiento expreso. No se hará uso de ellos para ningún tipo de envío comercial. Trataremos este mensaje y cualquier documento que lleve adjunto, como confidencial y destinado únicamente a la persona o entidad a quien ha sido enviado. Si lo desea puede ejercer sus derechos ARCO dirigiéndose al correo informacion@derechoamorir.org, también ponemos a su disposición nuestra política de privacidad.