Unha boísima nova !!!!
CONCEDEN O PREMIO
Outorgado pola Asociación Alexándre Bóveda e a Deputación de A Coruña, por iniciativa do Clube de Opinión Foro Cívico, recoñece a labor do Movemento Acampa pola Paz, ou o que é o mesmo, de todas e cada unha das 77 organizacións locais, galegas e internacionais, e dos centos de persoas simpatizantes e asociadas á nosa rede así coma dos equipos de Acampa en Galicia, en Brasil e en Portugal.
Pois si. A recepción do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade prodúcenos grande satisfacción e sentimentos de gratitude e humildade a partes iguais. E mais, chegando da man do Clube de Opinión Foro Cívico, integrado na Asociación Alexandre Bóveda, entidades ambas con moitos anos de coherente compromiso cultural e sociopolítico. E da Deputación e o Concello de A Coruña, que entenden cada día mellor o seu mandato institucional e democrático de situarse ao lado do tecido sociocultural.
O premio será entregado o venres, 15 de decembro, ás 21:30 horas, nunha cea no restaurante Finisterrae, na avenida de Navarra, 63 A coruña. As persoas interesadas en asistir a esta entrega poden comunicar a súa participación na cea (30 euros) até o 14 de decembro enviando un correo a: acab@mundo-r.com; tamén persoalmente na AC Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36-1º da Coruña) a partir das 19 horas ou no teléfono 981200869.
|
Rede ACAMPA |