Saltar ao contido principal

NOTA DE PRENSA. MANIFESTACIÓN NACIONAL POR PALESTINA O DOMINGO 17.12.23

 NOTA DE PRENSA. MANIFESTACIÓN NACIONAL POR PALESTINA O DOMINGO 17.12.23

Recibidos

Galiza por Palestina

Adjuntos9:00 (hace 4 horas)
para Galiza, bcc: 
Estimadas compañeiras e compañeiros: 


A Asociación Galico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina convocan á sociedade galega a unha manifestación nacional este domingo 17 de decembro desde a Alameda de Compostela, baixo o lema “Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina”. 


O exemplo de activismo e solidariedade internacionalista na Galiza non ten igual, son xa máis de 160 concentracións nestas nove semanas con convocatorias en máis de 20 localidades galegas cada luns desde o 9 de Outubro. Desta vez, voltamos convocar unha manifestación unitaria en Compostela  para esixir ao goberno español e á Unión Europea unha implicación real e decisións firmes para parar o exterminio do pobo palestino. De que vale aprobar outra resolución da ONU se non hai consecuencias nin sancións inmediatas? 


Adxuntamos nota de prensa informativa e o cartaz coa convocatoria e información do servizo de autobuses desde as principais vilas galegas.


Deixamos contactos das e dos representantes das organizacións convocantes.


Asociación Galaico Árabe Jenin - Sami Ashour +34 677 60 43 36
BDS Galiza - Elvira Souto +34 680 95 28 09
Mar de Lumes - Óscar Valadares +34 659 26 04 85
Galiza por Palestina - Ángela Gippini+34 654 34 60 81


Agradecemos información e difusión.


Un saúdo



MANIFESTACIÓN NACIONAL POR PALESTINA
● Este domingo 17 de decembro ás 12:00 con saída da Alameda de Compostela. Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023. A Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina convocan á
sociedade galega a mobilizarse baixo o lema “Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina”. Despois de 9 semanas do inicio do masacre en Gaza cun número de vítimas mortais que se
estima en 19.000, sen contar as desaparecidas, e máis de 50.000 feridas. O reconto diario de
horrores é tal que non poden deixarnos insensibles as novas de máis escolas bombardeadas, hospitais asediados, civís secuestrados e torturados e xornalistas asasinados. Uns crimes que
afirmamos son un xenocidio e non unha guerra e moito menos unha guerra entre iguais. O exemplo de activismo e solidariedade internacionalista na Galiza non ten igual, son xa máis
de 160 concentracións nestas nove semanas con convocatorias en máis de 20 localidades
galegas cada luns desde o 9 de Outubro. Desta vez, voltamos convocar unha manifestación
unitaria en Compostela para exixir ao goberno español e á Unión Europea unha implicación
real e decisións firmes para parar o exterminio do pobo palestino. De que vale aprobar outra
resolución da ONU se non hai consecuencias nin sancións inmediatas?
Van xa nove semanas de bombardeos indiscriminados contra poboación civil, cunha ridícula e
insuficiente tregua de catro días, bombardeos contra campamentos de refuxiadas no Sur da
franxa onde a poboación se despraza mais non hai lugar seguro para ninguén. Mesmo esta
semana chegaron as imaxes doutra escola da UNRWA bombardeada e as de mulleres, nenas e
nenos asasinados a tiros polo exército de Israel noutra escola onde tamén buscaban un
refuxio. Continúan os asedios a hospitais, chamadas de emerxencia ante a emerxencia, bloqueo de
entrada de medicamentos, enerxía, comida e incluso auga nos centros médicos ademais da
detención arbitraria de profesionais sanitarios. Cada día é máis difícil a entrada de axuda
humanitaria debido tanto ao control de Israel na fronteira de Rafah como polos ataques a
persoal sanitario e cooperantes. Para complicar a precaria situación en Gaza, chegou o frío e a choiva, asolagando os terreos
esnaquizados polas bombas e o paso de tanques. Xa o dixemos e continuamos a denunciar:
Non hai lugar seguro en Gaza. É a nosa responsabilidade como sociedade denunciar este xenocidio, denunciar aos seus
cómplices e colaboradores, mudar o discurso mediático e forzar decisións políticas valentes
que paren dunha vez este masacre. Como cidadáns temos o poder de actuar no día a día con accións de boicote, desinvestimentos e sancións a empresas e institución colaboradoras co estado xenocida dse
Israel, polo que chamamos tamén a colaborar nas accións e campañas deste movemento
internacional.

É responsabilidade nosa actuar contra o xenocidio e berrar alto e forte: Palestina Vencerá!
PAREMOS O XENOCIDIO! GALIZA CON PALESTINA!

INFORMAMOS QUE HABERÁ SERVIZO DE AUTOBUSES

A Coruña
Bus con saída ás 10:15 desde o Campo da Leña (Praza de España), e con paradas na Praza da
Palloza e a SEAT de Afonso Molina (sindicatos). Para anotarse para reservar praza neste bus hai que chamar ao 981 169 293 ata o venres ás
19h
PREZO: 3 €

Ferrol
Poderás anotarte no servizo de autobús que sairá, ás 10:15h, da Praza de Galiza (Ferrol), coas
paradas habituais en Caranza, Fene e Vilar do Colo. Reservas no número de teléfono 981 358 750 da CIG Ferrol. Prezo: 5€

Vigo
Haberá un autobús cos seguintes horarios:

9:45h – Val Miñor: A Ramallosa, parada bus subida a Nigrán

10:15h – Vigo: Local da CIG ( avenida de Gregorio Espino 47)

10:30h – Chapela: na baixada antes da entrada da AP-9.

Para ir no autobús hai que anotarse previamente no teléfono: 986.447.300, até o venres 15 de
decembro ás 14:00 horas. O prezo será de 10€ euros por persoa (agás para persoas desempregadas). Lugo
Para facilitar o desprazamento haberá un servizo de Autobús desde Lugo con saída ás 10:00h. desde diante da estación do Tren. Terá un custo de 5€ e é imprescindible anotarse
previamente no Tlf:982225812 ou por Whatsapp no no 616950778. Ourense
Os lugares de recollida son os habituais (Pavillón dos Remedios e rotonda de Cea). Por cuestións organizativas tes de prazo ata o xoves 14 ás 14:00 horas, para anotarte para esta
mobilización e/ou reservar praza no autobús, no teléfono 676 611848. Pontevedra
Dende o pavillón ás 10:30
Teléfono 986 84 76 10

Cambados: diante do Concello ás 10:30 horas

Vilagarcía: diante da Cafetería Andaina (Avd. Rodrigo Mendoza no 8) ás 10: 45 horas. Para inscricións, por favor, chamade ao teléfono 986505323 antes do venres 15 de decembro

il