| lun, 27 nov, 12:01 (hace 4 días) | |||
Bo día.
Desde a Asociación Galiza por Palestina informamos do acto cultural que organizamos esta semana en Compostela xunto con Pallasos en Rebeldía: unha lectura de poemas de autoras palestinas para darlle voz á muller palestina, moitas veces silenciada ou vista con prexuízos.
Convidamos á cidadanía de a asistir a unha lectura de poemas de autoras palestinas en celebración do Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino. Un acto que se celebrará no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia (Praza Salvador Parga) en Compostela, o vindeiro xoves 30 de Novembro ás 20h, entrada gratuíta.
As actrices Belén Constenla, Camila Bossa, Mabel Rivera e Iolanda Muíños lerán poemas das poetas e activistas palestinas Heda Abu Nada, Rafeef Ziadah, Suheir Hammad e Dareen Tatour, A cantante Uxía interpretará cancións adicadas ás mulleres palestinas, acompañada do músico Marcos Teira.
Dende a organización pretendemos pór en primeiro lugar a cultura de Palestina e neste caso ademais, sendo un territorio ocupado, a defensa da cultura é unha forma de resistencia. Acceder á música, literatura e cultura doutro país abre a nosa mente e o coñecemento desta identidade cultural leva ao recoñecemento da historia e a realidade da Palestina.
Por todo isto, adicamos este día á escritora Heda Abu Nada, gañadora do Premio Sharjah á Creatividade Árabe na 20ª edición pola súa novela “O osíxeno non é para os mortos” no ano 2017 e asasinada o 20 de outubro deste ano nun bombardeo israelí en Gaza.
Sen máis, agradecemos a vosa atención e a difusión desta actividade e adxuntamos información de contacto se precisades máis información sobre esta actividade.
Atentamente, un saúdo
Anxela Gippini

Información de Contacto:
Iván Prado, Pallasos en Rebeldía: 670504277
Anxela Gippini, Asociación Galiza por Palestina: 654346081