Saltar ao contido principal

Unha praza con problemas

 



 

Évidente que a Praza de Armas da nosa cidade non chegou cumprir as espectativas que espertou no seu momento. Todos, ou case todos, pensamos que esta embremática praza ía experimentar unhas substanciais melloras que redundarian no seu desfrute por parte da cidadanía.


Unha praza nunha cidade debe estar deseñada para congregar á xente, para gozar dun espazo onde sentirse cómodo e non só para transitar por ela que tamén. Hai certa sensibilidade á hora de falar deste tema porque existen por unha banda detractores e pola outra xente que está feliz, pero penso que dadas as circunstancias o máis sensato sería aplicar o sentido común, se é que existe ese sentido, e recoñecer que o resultado non foi o que se dí satisfactório. Os seus case tres mil metros cadrados de terra compactada sobre unha superficie inclinada sofriron xa o embite do primeiro inverno logo da súa inuguración. E segue igual logo de case tres anos. Si, seino, o proxecto foi votado como o mellor dos presentados e incluso premiado, e lonxe de min a funesta idea de por en tea de xuízo a decisión dos que o aprobaron por sufráxio . Pero isto ven sendo como o fermoso e premiado deseño dun arquitecto que proxecta unha vivenda  considerada visualmente como unha obra de arte pero logo resulta dificil vivir nela. Foi o que pasou coa nosa Praza de Armas. ¿ A cantas persoas vemos de cotío reunidas nesa ágora? ¿E a cantos meniños e meniñas xogaren nela? Se a resposta é a case ninguén, ao marxe da connotación estética, fácil é deducir que a praza non está cumprindo a súa principal encomenda.


Cando chove a superficie arenosa tranformase nunha sucesión de regatos pequenos que se deslizan costa abaixo  e un ten que camiñar sorteándoos, e logo de salvalos  patear nas lousas colindantes para sacudir a area acumulada nos zapatos. O mellor nesa circunstancia é circunvalala. Penso que a “depresión” que alguns achacan aos sauces holandeses presos da súa particular morriña en terras alleas débese a que os probes se decatan de que a cousa non é como dixeron que sería.  


Namentres, os nenos(nas)  xogan noutra praza, a de Amboaxe, onde os pais e avós contemplan(mos) o ir e vir  dos “ plasma car”, os patinetes, táboas con rodas e o imprevisíbel rumbo dos balóns que poñen a proba os nosos reflexos. Aí está a practicidade dunha praza ao servizo da cidadanía en comparanza coa tristura amosada polo ermo da outra.O actual rexedor recoñece as deficiencias ao tempo de manifestar que a solución non entra dentro das prioridades, que hai outras obras en marcha que requiren máis atención. Moito temo que a solución á “depresión” dos sauces e á dun numeroso porcentaxe da cidadanía terá que esperar. Esperemos pois sen perdermos na esperanza.