Hai xa máis de 50 anos o mundo alzábase contra outro xenocidio nos confíns de Asia, en Viet.Nam,
entre as moitas voces de repulsa, destacou unha desde o mesmo país agresor, desde Estados Unidos – Bob
Dylan - cantaba The answer is blowin' in the waind. "A resposta está no vento" A súa letra por desgraza
segue sendo actual e oportuna para este crime contra Palestina. ¿Cantos camiños debe percorrer un home
antes de que o consideredes un home? Si, ¿cantos mares debe navegar unha pomba branca antes de
durmir na area? Si, ¿cantas veces deben voar as balas de canón antes de que sexan prohibidas para
sempre? A resposta, meu amigo, está flotando no vento, A resposta ... está flotando no vento. ¿Cantas
veces debe un home mirar cara arriba antes de poder ver o ceo? Si, ¿cantas orellas debe ter un home antes
de poder escoitar a xente berrando? Si, ¿cantas mortes serán precisas ata entender que xa morreu moita
xente? A resposta, meu amigo, está flotando no vento, A resposta ... está flotando no vento. ¿Cantos anos
pode existir unha montaña antes de ser arrastrada ao mar? Si, e ¿cantos anos poden existir algunhas
persoas antes de que se lles permita ser libres? Si, e ¿cantas veces pode un home virar a cabeza, finxindo
non ver? A resposta, meu amigo, está flotando no vento, A resposta... está flotando no vento. Bob Dylan