Saltar ao contido principal

Pleno extraordinario do Concello de Ferrol

 


               : O pleno extraordinário do Concello de Ferrol, para aprobar os orzamentos de 2023, celebrado hoxe, a partires das 7 da tarde, e retransmitido em directo, apenas durou um par de horas.

: A NOVA NOM TARDOU EM SER PUBLICADA NA WEB MUNICIPAL


O orzamento de 78,9 millóns de euros entrará en vigor a semana que vén


Supón un incremento do 21,30% con respecto ao orzamento inicial prorrogado do ano 2023. O Goberno local comezará agora a traballar na redacción do orzamento do 2024.


O pleno, en sesión extraordinaria, aprobou esta tarde de maneira definitiva o orzamento do 2023, cos votos a favor do Goberno (13 votos) e os votos en contra do PSOE (5 votos), do BNG (3 votos) e de FeC (2). “Ferrol non pode perder nin un minuto máis”, manifestou a concelleira de Facenda, Susana Sanjurjo. “Estamos orgullosos de aprobar este orzamento tal e como lle prometimos aos veciños”. Afirmou ademais que “é un día de ledicia e de cambio para os ferroláns, estamos a cuantificar e materializar en números os compromisos e propostas do proxecto de cidade” e “non imos pedir perdón por cumprir os compromisos cos ferroláns”.


grupos municipais do PSOE e do BNG e a dun particular foron rexeitadas en base ao informe da Intervención municipal que di que 41 inadmítense xa que non están nos supostos legalmente recollidos para reclamar ou impugnar o orzamento, trátanse de cuestións de oportunidade, que non de legalidade.


Con respecto á reclamación presentada polo Grupo municipal do PSOE sobre a solicitude dunha partida para a redacción do proxecto de reparcelación para o Sánchez Aguilera, inadmítese porque “o proxecto xa foi aprobado na XGL do 3 de abril do 2023”.


En relación á reclamación que se desestimou, que é do Grupo municipal do PSOE, correspondente a que non se inclúe no orzamento os programas anuais de actuación, inversión e financiamento da sociedade pública de Emafesa consta informado pola interventora municipal que, segundo sentenzas de supostos similares, a inclusión dese anexo ten natureza de información e a súa omisión non invalida o expedente orzamentario.


O PRIMEIRO ORZAMENTO DO MANDATO 2023-2027


O orzamento para este último trimestre do 2023 ascende a 78.865.879,85 millóns de euros, o que supón un incremento do 21,30% con respecto ao orzamento inicial prorrogado do ano 2023, e dun 20,87% respecto do orzamento inicial prorrogado de 2022.


Entre as partidas máis destacadas están os 10,3 millóns de euros para iniciar as actuacións e proxectos comprometidos e incorporalos a unha planificación plurianualizada de catro anos.


Un dos capítulos que máis sobe é o capítulo I, cun incremento de dous millóns de euros, pasando de 20 a 22 millóns, o que supón unha clara aposta do Goberno polo persoal. Casi un millón de euros destinarase a pagar as horas extras que se deben e outro millón para incrementar o persoal. E o ano que vén integrarase a carreira de profesional no orzamento do 2024.


Ademais, coa fin de que non sexan os veciños os que soporten a presión fiscal, non se soben nin as cotas nin os tipos de gravame das taxas e impostos municipais. Tamén se reduce a previsión de ingresos por impostos indirectos e directos e redúcese o importe das multas, que se estima que baixen nos vindeiros meses tras a desactivación das cámaras na rúa Terra e Rubalcava.


En canto aos ingresos de capital por financiamento alleo ascenden a 3,3 millóns de euros, desglosados no anexo de investimentos como ingresos afectados que proceden dos Fondos Next Generation xa concedidos en 957.943,34 euros; o convenio da Xunta de Galicia para afrontar a reparación do estadio de A Malata por importe de 550.000 euros, así como o financiamento por parte da Xunta de Galicia para o saneamento da zona rural 1,8 millóns de euros, entre outros.


Tras a aprobación definitiva do orzamento publicarase no BOP e espérase que entre xa en vigor a semana que vén. “Agora poñémonos a traballar no orzamento do 2024 e teremos en conta as propostas presentadas para que o proxecto de cidade sexa de todos e para todos” avanzou a concelleira Susana Sanjurjo para finalizar diciendo “Ferrol necesita de todos para chegar lonxe”.


https://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/7656