O documental “Doxandeem, cazadores de sueños”, chega este sábado 14 ao Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol), ás 20 horas, para reflexionar, da man da protagonista e xornalista Laura Feal, xunto a persoas de Ecos do Sur, sobre a complexidade das migracións.
Este acto está dentro da Programación cultural de outono 4x3 da Deputación da Coruña , ‘A Cultura é un Dereito’, organizado en colaboración con Ecos do Sur. Despois de Ferrol, o filme viaxará ata Coruña, Santiago, Ordes e Ribeira. Esperámosvos!