Saltar ao contido principal

Nota AGDSP eleccion poboacion POVISA

 


 Nota AGDSP eleccion poboacion POVISA

Recibidos

manuel martin

10:15 (hace 6 horas)
para bcc: 

NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (AGDSP) SOBRE: “Que debería saber a poboación antes de elixir entre POVISA e o Hospital Álvaro Cunqueiro. Outubro do 2023.

O 3 de outubro do 2023, abríuse o prazo para cambiarse de hospital na Área Sanitaria de Vigo, que remata o día 2 de novembro. Esta elección de hospital, só a pode facer a metade da poboación (43 % dos/as maiores de 14 anos) que viven en Cangas, Moaña, Nigrán, Baiona, Gondomar e unha parte de Vigo (centros de saúde de Beiramar, Bouzas, Coia, Colmeiro, Coruxo, López Moura, Navia, Nicolás Pena e Rosalía de Castro. A AGDSP manifesta o seguinte:

1.- POVISA máis cun hospital é un negocio para as empresas multinacionais que a compran e venden entre elas, sen que se teña en conta os intereses sanitarios da poboación.

- No 2019 o grupo galego Nosa Terra (2019) vendéuno á multinacional americana Centene Corporation propietaria do Grupo Ribera Salud polo irrisorio prezo de 24 millóns de euros, cando Povisa recibe máis de 80 millóns de euros ao ano da Xunta. Todo un pelotazo, apoiado pola Xunta do PP, que non fixo nada por adquirilo, a pesar de dispoñer entón dun Fondo de Continxencia de 75 millóns.

- Posteriormente, Centene vendéuno fai tres anos a Vivalto Santé, terceiro grupo sanitario privado de Francia que tamén ten intereses nas Residencias de Maiores. Este grupo, terá que negociar o novo concerto, dado que o actual remata en agosto de 2024, sen posibilidade de prórroga. Esta negociación, absolutamente opaca e incerta, lévase a cabo á marxe da poboación que atende, que supón 123.135 persoas.

2.- Como o actual Concerto ten perdas de 30 millóns anuais, parece claro que Vivalto vai pedir un incremento substancial no prezo por paciente (540 euros) e outros cambios que lle permita aforrar custos e mellorar a súa conta de resultados (farmacia, carteira de servizos, persoal, etc.). POVISA recibe un trato especial da Xunta respecto dos hospitais públicos (o SERGAS derívalle pacientes de centros públicos incluído o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo). POVISA vive do diñeiro público xa que o 72% dos seus ingresos proveñen do Sergas,

3.- A poboación adscrita a este centro privado, veñe disminuíndo desde o ano 2015 cando 3.038 persoas cambiáronse a POVISA fronte a 779 que elixiron o Hospital Álvaro Cunqueiro. O pasado ano só 284 elixírona fronte a 896 do público.

4.- Esta fuxida da poboación ao hospital público (ten 16.000 persoas menos que antes do anterior concerto), explícase por diferentes motivos:

-Dispón de menos recursos que os centros públicos (ao redor do 30% menos de persoal que o Cunqueiro), especialmente de enfermaría o que obriga ás familias de enfermos/as maiores con patoloxías importantes, a facerse cargo dos coidados de hospitalización.

-Carece de importantes servizos como psiquiatría, obstetricia, cirurxía torácica e cardíaca, tuberculose e outras enfermidades respiratorias, hemodinamica, etc. o que obriga aos enfermos/as a trasladarse para ser tratados fóra do centro.

-Moitos/as pacientes reciben ofertas para ser atendidos na área privada para sortear así as listas de agarda do propio centro (o 80% das camas de POVISA son públicas e o 20% privadas ) aproveitando a falta de transparencia denunciada polo Consello de Contas de Galicia que insistíu en que “o Sergas debe implementar mecanismos efectivos para o seguimento e avaliación da prestación sanitaria por parte do ente concertado, así como dos seus sistemas de información, de forma que os resultados da devandita avaliación, teñan un maior peso específico na retribución para satisfacer a Povisa".

-O número de reclamacións duplicouse desde a entrada en vigor do concerto

5.- Este centro cambia constantemente aos seus Xerentes: María Luisa Brandt, permaneceu case un ano; José David Zafrilla, nove meses; Rafael Cabadas, case dous anos; outra vez Zafrilla (seis meses); e agora Ángela Guerra.

6.- Este vórtice de cambios, afecta á xestión dos recursos, ás condicións laborais e á seguridade laboral da plantilla do centro (preto de 1.400 persoas) o que repercute na calidade global da asistencia.

Por todo ísto, aconsellamos á poboación a elixir o Hospital Álvaro Cunqueiro e á Consellaría de Sanidade a NON RENOVAR O CONCERTO SINGULAR e a ADQUIRIR O HOSPITAL, PARA GARANTIR UNHA ATENCIÓN DE CALIDADE e a seguridade do persoal que traballa no mesmo.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.