Saltar ao contido principal

MEDIDAS PARA RECUPERAR O SISTEMA SANITARIO

 Cumprindo co acordado  na última xuntaza da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, enviamos o borrador de medidas para recuperar o Sistema Sanitario Público Galego.  


Por favor quen queira engadir o modificar o documento pode facelo antes do xoves 12 de outubro


Saudos 

Manuel Martin.  Voceiro 


TRECE MEDIDAS PARA FREAR O DESMANTELAMENTO E RECUPERAR O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO DE GALICIA.


1.- Incrementar o orzamento sanitario, especialmente de Atención Primaria, ata alcanzar o 25% do total. Garantir que este incremento, non váia ao sector privado racionalizando o gasto farmacéutico e rematar coa política de derivación sistemática de pacientes aos centros concertados privados.


2.- Incrementar o persoal de medicina familiar, pediatría e enfermaría; incorporar novas categorías profesionais aos equipos; priorizar as consultas presenciais nos centros sanitarios; rematar coas listas de agarda; aumentar o numéro de prazas de formación do persoal; acreditar novos centros para a docencia.


3.- Crear novos Centros de Saúde onde sexa necesario, abrir os pechados, mellorar a súa dotación e equipamento. Controlar os Procesos Asistenciais por Atención Primaria.


4.- Reintegrar ao Sistema Público o servizo de ambulancias, aumentar a dotación das mesmas e axustar o numéro de ambulancias medicalizadas o quje sexa necesario.


5.- Transformar as Áreas Sanitarias no espazo para a coordinación e xestión integrada da Atención Primaria, Hospitalaria, Saúde Pública e Atención á Dependencia.


6.- Auditar a situación nas Residencias de Maiores, rematar ca situación de precariedade, incrementar e mellorar a formación do persoal e os ratios de profesional por número de residentes, e garantir a atención sanitaria pública ás persoas das residencias.


7.- Poñer en marcha un Plan Urxente para racionalizar as listas de agarda hospitalarias, poñendo a funcionar a pleno rendemento os centros públicos e reabrir as camas hospitalarias clausuradas, recuperar os servizos pechados dos Hospitais Comarcais e acabar coa política de derivar innecesariamente pacientes aos Centros Concertados.


8.- Reintegrar ao Sistema Público os servizos privatizados: Información, Historia Clínica, Receita Electrónica, Central de Chamadas, Loxística, Investigación, Docencia. Restituír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para o Sistema Público, acabar co Concerto Singular de POVISA e adquirilo para o Sistema Público. Auditar onde van os cartos do “céntimo sanitario”. Ematar co Copago Farmacéutico, implantado polo PP e non retirado por PSOE-Podemos.


9.- Elaborar de forma consensuada, un Plan de Saúde Mental que dote ao Sistema Sanitario Público Galego de recursos e de persoal adecuado e que garanta a presenza de profesionais de Saúde Mental na Atención Primaria (Psicólogxs Clínicxs).


10.- Rematar coa precariedade e a inestabilidade laboral no Sistema Público e implementar unha política xusta e incentivadora. Non contratar persoal sanitario sen formación especializada acreditada.


11.- Esixir a dedicación exclusiva do persoal médico que traballa na Sanidade Pública e da acreditación especializada en todo o novo persoal contrato.


12.- Rematar ca política de nepotismo na consellaría de sanidade do PP, que coloca a familiares e achegadxs, nos cargos de xestión do Sistema Público.


13.- Reorientar o Sistema ao Modelo Comunitario e Participativo, para garantir unha atención integral que actúe eficazmente sobre os determinantes da saúde. Desmedicalizar o sistema e acabar co uso irracional e abusivo da medicación e das novas tecnoloxías e poñer o eixo do mesmo na Atención Primaria.


Todas estas medidas, deberían ser consensuadas cas entidades que teñen relación co Sistema Sanitario Público Galego. Fan falta cartos, sí...pero moito máis, motivación política e organizativa. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, seguiremos dando solucións o desmantelamento e privatización da Sanidade en  Galicia.