A asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto: Presentación do libro “LA REVOLUCIÓN FEMINISTA EN LAS AULAS”, coa presenza das súas autoras, Priscila Retamozo e Chis Oliveira. O acto terá lugar o vindeiro 19 de outubro de 2023 ás 19:00h no Centro Cívico de Canido.
“La revolución feminista en las aulas” é unha guía de igualdade para todo o mundo. Un manual para mozas e mozos que se inician no feminismo, un conxunto de recursos moi útiles para abordar temas como a igualdade, as masculinidades ou o amor romántico nas aulas. Pretende dar resposta ás dúbidas, preocupacións e mitos que rodean estas cuestións, e diríxese por igual a boomers, millenials e a xeración Z. O Comando Igualdade é un proxecto coeducativo onde adolescentes con formación en feminismo comparten o aprendido a través de redes sociais e actuacións públicas en grupo. Ademais, o seu obxectivo é crear unha rede de apoio para quen queira levar a cabo unha iniciativa semellante, desafiar o que a sociedade considera “normal” e tecer alternativas colectivas.
Priscila Retamozo Ramos é politóloga, formadora e consultora experta en igualdade de xénero. Dende fai anos traballa en aulas e entidades coa comunidade educativa. Coordinadora do proxecto coeducativo "Comando Igualdade" e coautora dos dous libros sobre esta experiencia. En 2022 recibiu o Premio Emilia Pardo Bazán no Pais das Rías pola súa trayectoria na coeducación. Co-creadora e presentadora do videopodcast Histérikas Histórikas galardonado como programa revelación polos premios "Youtubeiras".
Mercedes Oliveira Malvar (Chis) é catedrática de Filosofía. Exerceu a docencia en institutos de Ferrol, Nigrán, Cangas e Vigo. No ano 97 doutórase coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Foi profesora en diferentes másters de xénero, presidenta da ONG Federación de Planificación Familiar de España, impulsora do Comando Igualdade e unha das fundadoras de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía. Chis é referente na educación con perspectiva de xénero e foi galardonada con los premios Educación y Sociedad, Premio Irene, Viguesa Distinguida, Madre de la Coeducación CLAVICO, Mulleres en Acción e Premio Ernestina Otero.
Entre os máis de trinta libros destacan: "Comando Igualade" (Catro Ventos), "La revolución feminista en las aulas: Comando Igualdade" (Catarata, 2022) junto a Priscila Retamozo; Amarte, pensar el amor en el siglo XXI con Amada Traba (Catarata, 2019); Am@me con Amada Traba (Galaxia, 2018); La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes (Icaria, 1998); Eros: Materiais para pensar o amor (Xerais, 1994). “Estas pola solución?” Proposta de recursos didácticos para a abordaxe da violencia de xénero no ámbito sanitario. DATAS e DATOS para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano, editado pola Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Vigo.
Chis e Priscila, foron profesora e alumna, hoxendía comparten proxectos relacionados coa igualdade de xénero e a sexualidade.
Agardamos a vosa presenza

--