Saltar ao contido principal

FARO de VIGO

 

A falta de fondos do bono alugueiro deixa sen axudas a máis de mil moz@s que cumprían os requisitos


Preto de 8.000 solicitantes dos 14.000 galegos entre 18 e 35 anos que solicitaron a axuda do bono alugueiro quedáronse fóra por carecer dunha fonte de ingresos regulares, superar os 24.138 euros de remuneracións ao ano ou contar cun arrendamento excesivamente alto. Outros 1.100 que se que cumprían cos requisitos non puideron acceder á axuda debido á falta de fondos.


O acceso á vivenda é un problema real en Galicia, onde as cifras de emancipación xuvenil atópanse no 15%, unha porcentaxe que representa a metade das cifras medias en Europa. O encarecemento das hipotecas e os alugueiros, que alcanzan na comunidade os 530 euros de media e rozan os 600 en grandes cidades como Vigo, a posibilidade de acceder a esta axuda extra achegada polo Goberno disparou a demanda deste bono.


Fonte.- Faro de Vigo


https://www.observatoriodavivenda.gal/gl/actualidade/falta-de-fondos-do-bono-alugueiro-deixa-sen-axudas-mais-de-mil-novos-que-cumprian-os