| 19:56 (hace 2 minutos) | |||
Bo día,
Na xuntanza que celebramos onte da plataforma en defensa dunha CRTVG AO SERVIZO DO POBO, as organización asistentes (Comité Intercentros CRTVG, Asociación de actores e actrices de Galicia, Avante LGBT, BNG, CIG, FRUGA, A Mesa e Xuventudes Socialistas -AGG, SOS Sanidade Publica e CUT desculparon asistencia-) adoptamos os seguintes acordos:
-Malia a previsión de que as eleccións autonómicas sexan a primeiros de marzo, comezaremos os traballos para rexistrar en canto se poida a Iniciativa Lexislativa Popular para a reforma da Lei que regula a CRTVG, co obxectivo de iniciar a recollida de sinaturas canto antes para colocar no debate público a necesidade de recuperar os nosos medios de comunicación públicos para os poñer ao servizo da cidadanía galega. Polos prazos establecidos, a defensa da ILP xa será no Parlamento que resulte das vindeiras eleccións autonómicas.
-CIG elaborará a proposta de texto desta ILP, dándolle forma legal ás demandas recollidas no manifesto que consensuamos entre todas para a manifestación do 6N de 2022. Unha vez que CIG socialice ese borrador, as organizacións disporemos de aproximadamente unha semana para revisalo e alegalo. Se todo vai en prazo, reunirémonos para aprobar o texto definitivo da ILP a semana do 6 de novembro.
-É requisito para a ILP nomear unha comisión promotora de como mínimo 10 persoas. Falaremos diso na xuntanza de novembro, coa idea de que cada organización vaia pensando en nomear a alguén.
É todo. Para calquera dúbida, quedamos ao voso dispor.
Raquel Lema, Comité Intercentros CRTVG (tlf: 650 022 600)