Saltar ao contido principal

Documento coas propostas da Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA

 Documento coas propostas da Plataforma SOS Sanidade Pública para a sanidade galega coas achegas das plataformas e organizacions 


QUINCE MEDIDAS PARA FREAR O DESMANTELAMENTO E RECUPERAR O SISTEMA SANITARIO PÚBLICO DE GALICIA.


1.- Incrementar o orzamento sanitario, especialmente de Atención Primaria, ata alcanzar o 25% do total. Garantir que este incremento, non vaia ao sector privado racionalizando o gasto farmacéutico e rematar coa política de derivación sistemática de pacientes aos centros concertados privados.


2.- Incrementar o persoal de medicina familiar, pediatría e enfermaría; incorporar novas categorías profesionais aos equipos; priorizar as consultas presenciais nos centros sanitarios; rematar coas listas de agarda; aumentar o numéro de prazas de formación do persoal; acreditar novos centros para a docencia.


3.- Crear novos Centros de Saúde onde sexa necesario, abrir os pechados, mellorar a súa dotación e equipamento. Controlar os Procesos Asistenciais por Atención Primaria.


4.- Reintegrar ao Sistema Público o servizo de ambulancias, aumentar a dotación das mesmas e axustar o número de ambulancias medicalizadas o que sexa necesario.


5.- Transformar as Áreas Sanitarias no espazo para a coordinación e xestión integrada da Atención Primaria, Hospitalaria, Saúde Pública e Atención á Dependencia.


6.- Auditar a situación nas Residencias de Maiores e aprobar unha Lei Galega de Residencias,  que contemple uns órganos democráticos de representación de usuarias e familias e garante  a calidade dos recursos, os coidados, a hixiene,  a alimentación, a  asistencia sanitaria pública e o respecto absoluto aos dereitos humanos nas residencias de maiores, como temas prioritarios. Elaboración do Libro Branco da Dependencia en Galicia cara a un novo modelo de servizos sociais onde predominen os coidados e a atención no fogar ou na comunidade 


7.- Poñer en marcha un Plan Urxente para racionalizar as listas de agarda hospitalarias, poñendo a funcionar a pleno rendemento os centros públicos e reabrir as camas hospitalarias clausuradas, recuperar os servizos pechados dos Hospitais Comarcais e acabar coa política de derivar innecesariamente pacientes aos Centros Concertados.


8.- Oposición aos copagos presentes ou futuros na Sanidade Pública Galega 


9.- Reintegrar ao Sistema Público os servizos privatizados: Información, Historia Clínica, Receita Electrónica, Central de Chamadas, Loxística, Investigación, Docencia. Restituír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para o Sistema Público, acabar co Concerto Singular de POVISA e adquirilo para o Sistema Público. Auditar onde van os cartos do “céntimo sanitario”. Ematar co Copago Farmacéutico, implantado polo PP e non retirado por PSOE-Podemos.


10.- Elaborar de forma consensuada, un Plan de Saúde Mental que dote ao Sistema Sanitario Público Galego de recursos e de persoal adecuado e que garanta a presenza de profesionais de Saúde Mental na Atención Primaria (Psicólogxs Clínicxs).


11.- Rematar coa precariedade e a inestabilidade laboral no Sistema Público e implementar unha política xusta e incentivadora. Non contratar persoal sanitario sen formación especializada acreditada.


12.- Esixir a dedicación exclusiva do persoal médico que traballa na Sanidade Pública e da acreditación especializada en todo o novo persoal contrato.


13.- Rematar ca política de nepotismo na consellaría de sanidade do PP, que coloca a familiares e achegadxs, nos cargos de xestión do Sistema Público.


14.- Reorientar o Sistema ao Modelo Comunitario e Participativo, para garantir unha atención integral que actúe eficazmente sobre os determinantes da saúde. 


15.- Desmedicalizar o sistema e acabar co uso irracional e abusivo da medicación e das novas tecnoloxías e poñer o eixo do mesmo na Atención Primaria.