Saltar ao contido principal

De Mnuel Martín SOS SANIDADE PÚBLICA GALICIA

        

   Estimados amigos e amigas, como ben sabedes a situación da sanidade pública, despois do verán, segue sendo inaceptable tanto en Atención Primaria: con barreiras de acceso aos Centros de Saúde, esperas para recibir atención que superan a semán e máis, limitacións ás consultas presenciais, falta de pediatras e matroas, peche de PAC, anulación de consultas, problemas de acceso a probas diagnósticas, desatención das residencias de maiores, etc.; como nos Hospitais: con listas de agarda cada vez máis elevadas que a Xunta de Galicia oculta non publicando as do mes de xuño (acumula xa 4 meses de atraso), mentres os pacientes esperan meses e anos para ser atendidos (en moitos casos descoñecen ata a data da cita), ademáis dos déficits nos hospitais privatizados como o Cunqueiro e POVISA en Vigo (en man de multinacionais estranxeiras) que acumulan problemas mentres aumentan os seus beneficios á conta da sanidade pública galega.


             Aínda que houbo mobilizacións de protesta importantes, convocadas polas plataformas nalgunhas localidades, a verdade é que descenderon moito respecto ás do ano pasado. Os intentos por coñecer a realidade tampouco tiveron moito éxito (só 4 plataformas responderon á enquisa que enviamos dende SOS). Esta situación, pon en evidencia un dos problemas que prevíramos: “que a poboación váia aceptando pasiva e resignadamente a nova situación do sistema sanitario público”  e que nalgúns casos, farta de esperar, recorra á sanidade privada (que crece como a espuma) e aos seguros sanitarios (que en boa parte son lixo ao non cumprir co acordado na pólizas).


             A falta de reposta social, esta facilitando que a Consellaría e o SERGAS presuma de acabar co problema sanitario e que mesmo alardee de melloras importantes nos servizos, especialmente agora que se achegan as eleccións. A falta de resposta social, pode servir mesmo para que a sanidade sirva de baza electoral para a actual administración do PP (algo inaudito desde a lóxica da actual situación).


             O cansazo, a frustración pola falta de resposta ás nosas reivindicacións, a escasa sanción electoral social aos recortes e privatizacións, a acumulación de procesos electorais etc., pode explicar esta paradoxal situación: mentres destrúe o sistema público a Xunta do PP, alardea de solucionar a situación sanitaria.


             Non podemos rendernos despóis de tantos anos de loita pola Sanidade Pública (hai 8 meses concentramos máis de 50.000 persoas na praza do Obradoiro de Compostela e recollemos máis de 50.000 firmas para a ILP), e menos, cando está sendo destruída polo Partido Popular que pode saír airoso electoralmente e perpetuarse novamente no poder, para avanzar así no desmantelamento total e a privatización do sistema publico.


             Para debater e acordar novas mobilizacións convocamos  unha reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia o próximo día 8 de novembro ás 18 horas, por vía telemática (enviaremos proximamente a ligazón).


 Un cordial saúdo: Manuel Martín. Voceiro