Saltar ao contido principal

SITUACIÓN GRAVÍSIMA NO PAC DE MARIN

 


📢 SITUACIÓN GRAVÍSIMA ONTE NO PAC DE MARÍN CON TRES URXENCIAS GRAVES ✂️ AQUÍ O EXEMPLO DO QUE PASA CANDO SÓ HAI UNHA MÉDICA ATENDENDO AS URXENCIAS E UN SERVIZO DE AMBULANCIAS SATURADO ✂️

⚠️ Marín ten unha poboación de 24.000 habitantes pero, a pesar das nosas demandas, o SERGAS recortou persoal e só manda unha médica para o PAC. Cando hai varias urxencias saltan as costuras da falta de persoal e a saturación do servizo de ambulancias, aquí un exemplo co ocorrido onte á tarde:

🔸 PRIMEIRA URXENCIA: Sae a médica do PAC de Marín na ambulancia. 
🔸 SEGUNDA URXENCIA: Entra no PAC unha rapaza cun shock anafiláctico acompañada de súa nai. Avisan á medica e a ambulancia dá volta. Baixa da ambulancia correndo. A primeira ambulancia continúa camiño cos técnicos sós a atender a urxencia. Cando se estabiliza a rapaza, vén unha segunda ambulancia a levala a Montecelo pero só vai un enfermeiro, a médica non pode acompañala como debera ser por se lle volve dar...
🔸TERCEIRA URXENCIA: A médica sae escopeteada con auxiliar e Mir cargan o material nun taxi e marchan, hai unha persoa incosciente que precisa atención urxente. 

🔸Na sala de espera do PAC queda moita xente para ser atendida pero non queda persoal sanitario NINGÚN. 

💚 A nosa aperta ás persoas afectadas e ao persoal sanitario que viviu esta situación. Non quixeramos estar na pel de quen está mal e precisa atención urxente, pero tampouco desa médica que non ten outr@ compañeir@ médic@ e soporta ese nivel de estrés e responsabilidade tentando chegar a todo. 

✂️ Con persoal recortado nos PAC, con menos ambulancias funcionando, con máis traballo e aumentando os tempos de espera, vai facer algo o Sr Rueda? É esta a atención sanitaria garantizada e marabillosa que vende o Conselleiro Comesaña? Pensa a Sra Ramallo e o seu equipo moverse pola veciñanza para reclamar segund@ médic@ nas urxencias de Marín e o aumento de ambulancias ou van agardar a que pase unha desgraza? 🤬 

📢 Nós témolo claro... Seguiremos a denunciar esta situación, porque nos pode pasar a calquera e non queremos lamentarnos despois cando non haxa remedio. 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔‼️

📸 Taxi agardando a cargar o material (luns 18/09/23) 

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02WqKzjZy6nYo7xFC9bPb4D6TrZu5x5VphdkJAAfWCa7Z21VYrzaLcctKCebmy12A9l&id=100071180919855