Organizamos a presentación do libro "Miedo. Viaje por un mundo que se resiste a ser gobernado por el odio" e, para elo, contaremos coa presenza da súa autora, a xornalista Patricia Simón. O acto terá lugar:



A asociación cultural Fuco Buxán convídate ao seu próximo acto: PRESENTACIÓN
DO LIBRO “MIEDO. VIAJE POR UN MUNDO QUE SE RESISTE A SER GOBERNADO
POR EL ODIO.”, coa presenza da súa autora, a xornalista Patricia Simón. O acto terá
lugar o vindeiro 29 de setembro de 2023 ás 19:00h no Centro Cívico de Canido.
“Miedo. Viaje por un mundo que se resiste a ser gobernado por el odio” é un ensaio
no que Patricia Simón recolle, con elegancia e empatía, un conxunto de voces que
exemplifica os principais temores da sociedade contemporánea; reflexiona sobre os
medos que enfrenta a humanidade (aos outros, á pobreza, á soidade, á morte...), e
ofrece unha análise brillante e sensata das razóns que nos están levando dun mundo
rexido pola manipulación da incertidumbre a outro gobernado pola manipulación dos
medos.
Patricia Simón Carrasco é xornalista, reporteira, escritora e profesora, especializada
en Relacións Internacionais, cun enfoque en dereitos humanos e perspectiva de
xénero. Foi cofundadora e subdirectora de 'Periodismo Humano'. Realizou coberturas
en máis de 25 países. Para o xornal 'La Marea' documentou as protestas de Irak, as
consecuencias da pandemia covid-19, o incendio do campo de personas refuxiadas de
Lesbos, as eleccións presidenciais de Estados Unidos e de Colombia, o auxe do
yihadismo en Mozambique e Mali, e a guerra de Ucrania, entre outras. O seu traballo
foi recoñecido co Premio da Asociación Española de Mujeres de los Medios de
Comunicación en 2013, o Premio Internacional Manuel Chaves Nogales e o premio
Bones Pràctiques de Comunicació No Sexista de l’ Associació de Dones Periodistes
de Catalunya (ADPC) en 2022.
Agardamos a vosa presenza!
Neste acto participan e colaboran: Asoc. C. Fuco Buxan , Asoc.Vecino de Canido ,Deputación da Coruña , Ayuntamiento de Ferrol