Informacion SOS deficiencias ambulancias e pacientes psiquiatricos
| 12:33 (hace 4 horas) | |||
O pasado domingo, viviuse unha situación gravísima nas urxencias do PAC de Marín O persoal médico e de enfermería tiña que acudir a unha urxencia pero ante a falta de ambulancia dispoñible tiveron que solicitar un taxi, agardar por el, cargar o material e marchar
Falamos de urxencias nas que o tempo de resposta e atención é vital. Ao estar ocupadas todas as ambulancias da contorna (incluída a que ten base en Marín) o equipo de 3 persoas tivo que ir en taxi para non retrasar moitísimo máis a resposta. Isto mesmo xa pasou en varias ocasións en Moaña con desenlace fatal e, tamén, este sábado pasado en Cangas, aínda que foron no coche patrulla da policía local
Outra vez, e xa perdemos a conta, queremos denunciar que o servizo de ambulancias está SATURADO Lembramos ademais que ESTÁ PRIVATIZADO POLA XUNTA, que é quen fai o concurso público, quen pon o diñeiro público, quen permite que non haxa ambulancias suficientes, quen non recoñece @s técnic@s como persoal sanitario ou quen pode rescindir a concesión por incumprimentos graves (como ameazou con facer pero NON FIXO na área de Pontevedra-O Salnés coa empresa valenciana ambulancias Civera).
Non entendemos como a Xunta segue a manter o servizo de ambulancias en mans privadas, desoíndo @s traballador@s, pacientes, plataformas etc. A saúde non pode ser un negocio en mans de empresas que buscan co menor número de recursos sacar o máximo beneficio sen importar as consecuencias nas nosas saúde
Co volume de traballo que hai, coa poboación cada vez máis vella, cos recortes na atención primaria e a saturación das urxencias: AS AMBULANCIAS EXISTENTES NON CHEGAN... Non se pode ter @s pacientes e o persoal sanitario no risco permanente e, ademais, tendo que coller un taxi para chegar a tempo a salvar unha vida.
SITUACIÓN GRAVÍSIMA ONTE NO PAC DE MARÍN CON TRES URXENCIAS GRAVES AQUÍ O EXEMPLO DO QUE PASA CANDO SÓ HAI UNHA MÉDICA ATENDENDO AS URXENCIAS E UN SERVIZO DE AMBULANCIAS SATURADO
Marín ten unha poboación de 24.000 habitantes pero, a pesar das nosas demandas, o SERGAS recortou persoal e só manda unha médica para o PAC. Cando hai varias urxencias saltan as costuras da falta de persoal e a saturación do servizo de ambulancias, aquí un exemplo co ocorrido onte á tarde:
PRIMEIRA URXENCIA: Sae a médica do PAC de Marín na ambulancia.
SEGUNDA URXENCIA: Entra no PAC unha rapaza cun shock anafiláctico acompañada de súa nai. Avisan á medica e a ambulancia dá volta. Baixa da ambulancia correndo. A primeira ambulancia continúa camiño cos técnicos sós a atender a urxencia. Cando se estabiliza a rapaza, vén unha segunda ambulancia a levala a Montecelo pero só vai un enfermeiro, a médica non pode acompañala como debera ser por se lle volve dar...
TERCEIRA URXENCIA: A médica sae escopeteada con auxiliar e Mir cargan o material nun taxi e marchan, hai unha persoa incosciente que precisa atención urxente.
Na sala de espera do PAC queda moita xente para ser atendida pero non queda persoal sanitario NINGÚN.
Movemento Galego de Saude Mental
ATENCIÓN RESIDENCIAL A PERSOAS CON DIAGNÓSTICO PSIQUIÁTRICO DEZ ANOS DESPOIS:
Van publicándose denuncias e feitos que volven sobre a mesma cuestión, aínda que nesta ocasión son persoas maiores quen protestan a estadía nas residencias doutras persoas máis novas con alteracións condutuais de orixe psiquiátrica. Citan agresións e senten medo alí onde viven
As carencias nas residencias, unidas ás da rede pública de atención á saúde mental están na orixe dos feitos que se denuncian
As persoas con trastornos psiquiátricos que se atopan en coidado residencial son as máis abandonadas, graves e desprotexidas historicamente das atendidas no campo da saúde mental. Os riscos aos que están expostas (abandono, maltrato, abuso, vulneración dos seus dereitos) son moi elevados.
Propostas:
- Se realice unha auditoría pola Inspección Sanitaria de cales son as condicións de atención e de coidado residencial destas persoas, xa que pacientes diagnosticadas e en tratamento polo SERGAS d
- Se considere polo Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre a situación da atención residencial e a asistencia sanitaria a estas persoas
- Se atendan coidadosamente as propostas das representacións sindicais dos/das profesionais que traballan nas residencias respecto ás dotacións, funcionamentos, condicións residenciais, formación/cualificación das plantillas e condicións laborais