ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA DO 13 DE SETEMBRO DO 2023:
ASISTENTES: Voceiro de SOS nacional, Voceiros das Platafromas de Vigo, Pontevedra, compostela, A Coruña, Salnés, Sanxenxo, A Mariña, Condado-Paradanta, Moaña, Val Miñor, A voz da sanidade de Cangas; Xuventudes Socialistas de Ourense, Partido Socialista de Ourense, BNG. CCOO, CIG; Isa; Paulino Campos do colectivo REDE.
Disculpan: Pediatras e Matronas Xa!
Coma sempre, si vedes erros ou faltas, avisade.
Damos a benvida as novas Plataformas e Colectivos que se incorporan a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
A situación sanitaria durante o verán foi moi parecida a do 2022, con pechaduras de consultas e PAC, ausencia de pediatras, plantillas recortadas, falta de ambulancias, listas de agarda de 7 a 15 días en Primaria, etc. Nos Hospitais medraron as listas de agarda para consultas, probas diagnósticas e cirurxía, que poden superar ámplamente o ano. As Residencias de Maiores seguen con graves deficiencias de persoal e recursos (as persoas non teñen dereito a asistencia sanitaria pública e a Xunta avisa ás empresas da visita da inspección para maquillar a situación). Privatizouse a atención por accidentes e enfermidades laborais do persoal autonómico e a atención fisioterapéutica na área de Vigo. O que se paga polo Hospital Cunqueiro medrou un 30% e prolongóuse un ano máis o Concerto Singular do Hospital privado POVISA.
A situación do persoal segue sendo precaria, con pequenos cambios remunerativos e as consultas e centros seguen masificados (en algunhas áreas houbo contratación de persoal médico sen titulación e experiencia o que repercutiu na calidade da atención).
ACORDOS:
1.- Ampliar a loita de SOS a todo o Sistema Sanitario Público: Atención Primaria, Hospitais, servizos de Saúde Mental con gravísimos déficits de recursos e Atención a Dependencia e ás residencias de maiores.
2.- Facer a diagnose da situación do sistema, cunha pequena enquisa para cumprimentar polas plataformas. A mandaremos.
3.- Elaborar un decálogo de reivindicacións, que recolla os problemas da Sanidade Pública en Galicia, para informar a poboación e presentar, como Moción, nos Concellos, Deputacións, Parlamento Galego e do estado español e aos Partidos Políticos e Sindicatos.
4.- Reactivar os esforzos para informar a poboación e reactivar as mobilizacións (concentracións diante das delegacións, presentación de reclamacións, intervencións en plenos municipais con mocións tipo, ou novas concentracións e mobilizacións). Culminar a campaña coa preparación dunha nova manifestación en Vigo co lema: “ Salvar a Nosa Sanidade Pública e salvar os nosos dereitos de Saúde”.
5.- Apoiar as reivindicacións da Federación Galega de Familiares e Usuarias das Residencias (REDE), e as do Movemento Galego de Saúde Mental.
6.- Organizar unha Xornada presencial para analizar e debater a situación sanitaria e as medidas para loitar na súa defensa e mellora.
7.- A final de mes, disporemos do Documental sobre a Sanidade Pública Galega (quen queira pode enviar material para completalo).
Manuel Martin. Voceiro
PD: A petición da Federación Galega de Familiares e Usuarias das Residencias (REDE), enviamos o enlace coa Sesións do xuicio popular: Comision Ciudadna por la verdad en las Residencis de Mayores de Madrid
https://youtube.com/live/ce149lGAvcs
https://youtube.com/live/WucQ4ceA8gU
https://youtube.com/live/M_ZqlY9gxd4
https://youtube.com/live/ce149lGAvcs
https://youtube.com/live/WucQ4ceA8gU
https://youtube.com/live/M_ZqlY9gxd4