Saltar ao contido principal

SOS SANIDADE PÚBLICA GALLEGA

 O Servizo Galego de Saúde (Sergas) sacou a licitación, por un valor estimado de case 1,4 millóns de euros durante tres anos, prorrogables a cinco, a atención das interrupcións voluntaria do embarazo. O contrato con centros privados superase os 2,5 millóns e cubrirá a asistencia de 805 abortos anuais


Isto supón


1.- Que a Xunta segue avanzado na privatización do sistema sanitario público galego. Ata o momento, o Sergas realizaba as derivacións adas IVE a clínicas privadas de forma excepcional baseada na urxencia vital.


2.- Unha vulneración dun dereito fundamental das mulleres, ás que se priva do dereito para abortar na sanidade pública, como un servizo mais dentro da Carteira de Servizos.


3.- A estigmatización da mulleres que queiran interromper o seu embarazo, que deixasen de ser dignas de ser atendidas na sanidade pública.


5.- A intrusión da ideoloxía conservadora do PP nas relacións sanitarios (Fraga de opuxo á primeira Lei do Aborto, Trillo recorreu e perdeu #ante o Tribunal Constitucional a Lei do 2010, Gallardón quixo recortar significativamente a mesma ou Feijoo non considera o aborto como un dereito fundamental da muller)


4.- AXuntra de Galicia demostra novamente a súa incapacidade para planificar e xestionar os recursos sanitarios públicos, dado que a medida xustifícase pola imposibilidade de que os servizos sanitarios públicos do Sergas poidan prestar dita asistencia cos recursos humanos, materiais e infraestrutura que ten na actualidade. Os xerentes de cada hospital, o SERGAS ou a Conselleria teñen que organizar os circuítos adecuados para que se respecte o dereito da muller a pesar da obxección de conciencia dos profesionais.


6.- Na orde faise novamente mención á obxección de conciencia, cuxa falta de regulación constitúe un obstáculo para o acceso ao aborto (segundo recoñece a ONU). En Galicia non existe un Rexistro de Obxectores en Galicia, o que vulnera a legalidade (os profesionais non comunican a súa obxección nin oficial nin individualmente).


Desde a nosa Asociación esiximos a retirada desta decisión, a adopción de medidas para garantir o dereito á interrupción voluntaria do Embarazo en todos os Centros sanitarios Públicos e unha regulación de obxección de conciencia que non afecte ao dereito da muller a unha atención sanitaria pública


Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública