Saltar ao contido principal

Nota de Prensa da Asociación Galega para a Defensa da SANIDADE PÚBLICA

 

: Iso tan só en concertos. Se contamos a farma, as tecnológicas e o canon do hospital de Vigo son perto de 2000 millóns. Non contan ben o que supón a privatización, sempre se quedan moi curtos
[ 2000 ao ano. 20.000 en 10 anos.

Nota de prensa da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). 3 de Agosto 2023.

A Consellaría de Sanidade, pacta pagar ao persoal médico que traballa na Sanidade Pública e que tamén o fai na sanidade privada; é o complemento “de exclusividade” que se cobra por exercer tan só na pública (de aquí o seu nome); dín que será a partires de xaneiro de 2024. A AGDSP quere manifestar o seu máis enérxico rechazo, polas seguintes razóns:

1. A Xunta do PP, pretende pagar favores e fraguar alianzas cunha parte do persoal sanitario (1.400 Médicos de 10.000). Este sindicato, nunca se suma ás mobilizacións contra o desmantelamento da AP e da Sanidade Pública, para saír do illamento social e político e quere aproveitar esta gran mobilización , para lograr un rédito económico que non lle corresponde.

2. Queda comprobado que os Colexios de Médicos e os sindicatos corporativos que están detrás da medida, apoian á sanidade privada, ao proporcionarlle máis persoal médico e máis salario, nuns momentos de gran “escaseza” (segundo o propio PP).

3. Resulta inaceptable que desde os propios hospitais públicos se deriven aos pacientes das listas de espera aos centros privados onde traballan o xefe de servizo e os especialistas que xeraron dita lista, mentres se premia con 8.000 euros anuais a ditos profesionais. É o colmo da ineficiencia nuns momentos onde habería que poñer os centros públicos a pleno rendemento.

4. É unha medida discriminatoria, xa que deixa fóra desta subida as médicas e médicos que dedican todo o seu esforzo á pública  e ao resto do persoal do Sergas. 

5. Viola de maneira flagrante a Lei de Incompatibilidades que indica que non se poden cobrar dous soldos da administración (e os hospitais concertados o son, a efectos desta lei), nin atender na privada a pacientes da mesma area sanitaria onde se exerce a publica.

6. Esta decisión, favorece sobre todo á sanidade privada, e evidencia a estreita relación da cúpula do SERGAS e as empresas sanitarias privadas, mentres perde a sanidade pública e a poboación  que sufrirá o deterioro da calidade da súa atención e o aumento das corruptelas e irregularidades asociadas á dobre dedicación.

Esta desastrosa e irresponsable medida da Consellaría de Sanidade, debería ser rexeitada pola maioría do persoal da Sanidade Pública, sindicatos, partidos de esquerda e poboación. Así mesmo, deberá ser aceptada na Mesa Sectorial, único órgano de negociación ca administración onde a CESM  ten tan so un membro.

É evidente que hai presa por pechar acordos socialmente inaceptables (...e en agosto) e que só favorecen a colectivos afíns o PP, e facelo antes das próximas eleccións autonómicas. 

A AGDSP estará sempre defendendo a Sanidade Pública e xs seus traballadorxs.