nota AGDSP medidas chafalleiras SERGAS
| 11:48 (hace 1 hora) | |||
Despois das eleccións do 23J a Xunta adoita unha serie de medidas irresponsables, improvisadas e chafalleiras para facer fronte a situación sanitaria en Galicia:
1.- Busca o apoio do sector profesional mais próximo ideoloxicamente ao PP, pactando o fin da dedicación exclusiva do persoal medico e xeralizar o Complemento Especifico para que cobren 800 euros máis xs que teñan a dedicación Pública e privada.
2.- Fan ridículos incrementos salariais ao persoal para que acepte traballar máis horas e ver a máis pacientes.
3.- Contratan persoal médico sen especialización para atender os PAC poñendo en risco a seguridade e a calidade da asistencia.
4.- Quitan ambulancias convencionais e medicalizadas, nalgunhas áreas... para atender outras. O traslado a Sanxenxo da ambulancia do Hospital do Salnés saldóuse con tres mortes por infarto.
5.- Ocultan a terrible situación nas residencias de maiores, avisando as empresas das visitas da inspección, para que conten con tempo para encubrir as numerosas e habituais irregularidades como incumprimentos de cocientes de persoal, menús inapropiados, sobremedicación, etc.
En resúmen:
- Compran o silencio do persoal médico, subindo salarios a cambio de traballar máis e pior e poñendo en marcha unha carreira profesional que levaban anos bloqueando.
- Esperan que a poboación acepte a deterioración e desmantelamento da Atención e unhas Listas de Agarda irracionais e recorra ás consultas privadas e aos seguros privados lixo .
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, seguirá denunciando e poñendo negro sobre branco, as falacias da administración do PP en Galicia.