Saltar ao contido principal

Miedo da ...Milei ...VOX

 

Os conservadores arxentinos inician o achegamento á extrema dereita de Javier Milei

Entrementres Xuntos polo Cambio confía en que os seus votos e os da ultradereita constitúen unha impugnación conxunta ao Goberno progresista arxentino, Unión pola Patria busca dar a volta aos resultados das primarias nas eleccións xerais de o

As eleccións primarias na Arxentina, as PASO —primarias, abertas, simultáneas e obrigatorias nas que a cidadanía, con independencia da súa afiliación política, designa os candidatos e candidatas ás presidenciais do vindeiro 22 de outubro—, deixaron este domingo como gran gañador o ultradereitista Javier Milei, que obtivo 30,1% dos sufraxios totais e, polo tanto, será o 'presidenciábel' de A Liberdade Avanza. Gañou en 16 de 23 provincias e logrou imporse "tanto nos barrios populares como nas vilas prósperas da Arxentina produtiva", salienta o xornal La Nación, que fai énfase no "sorprendente" triunfo de Milei, que provoca un "terremoto político" no país, unha idea que comparten as principais cabeceiras.

Foron unhas primarias marcadas pola abstención derivada da crispación política que atravesa Arxentina, con 30% do electorado ausente, seis puntos máis que en 2019 e a cifra máis elevada desde que se convocan estes comicios. Milei, que na súa lista non tiña competencia, presentouse como "a única oposición" e afirmou que en outubro derrotará "o kirchnerismo" por medio da súa utopía libertaria e unha cruzada contra o Estado: "Estamos ante o fin do modelo da caste, baseado nesa atrocidade que di que onde hai unha necesidade hai un dereito, pero esquecendo que ese dereito alguén o ten que pagar".

En segunda posición ficou a suma dos candidatos de Xuntos polo Cambio, a formación do ex presidente Mauricio Macri, con perto de 28,1% dos votos. A vencedora dentro desta lista da dereita foi Patricia Bullrich, que roldou 17% do total, seis puntos máis que o seu rival interno, Horacio Rodríguez Larreta. Após coñecer os resultados, Macri tendeu a man á extrema dereita: "Sumando o que sacamos nós e Javier Milei, é unha maioría enorme que propón un cambio profundo como non existiu en décadas na Arxentina".