SOS SANIDADE PÚBLICA
1.- Colapsos servizos de urxencias hospitalarios que obrigan aos pacientes a esperas de mais de oito horas (Ourense)
2.- Servizos de urxencias atendidas pola metade de persoal medico (Ourense)
3.- Peche consultorios que afasta e dificulta a asistencia da poboación do medio rural (Cangas, A Cañiza)
4.- Supresión de reforzos de persoal médico e de enfermería en localidades que multiplican a súa poboación durante o verán (Sanxenxo, Salnes)
5.- Falta de ambulancias que atrasan a máis dunha hora a asistencia de enfermos urxentes (Cerdedo)
6.- Atrasos de días na realización de analíticas por falta de persoal de enfermería (Baltar)
7.- Incremento da precariedade das condicións de traballo o persoal (adiantos horarios peche de vestiarios, etc)
8.- Incremento ridículo de camas (10% mais) ou quirófanos (1 só mais) na ampliación do Hospital Montecelo para favorecer a concertación con centros privados da localidade (Pontevedra), mentres se planifica unha macro cafeteira para o negocio privado.
9.- Falsa información de la Conselleria asegurando que non se repetirán os problemas asistenciais do ano pasado nos Centros de saúde, a pesar de non planificar a incorporación de novo persoal
[11:03, 28/6/2023] manuel martin garcia: Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública