Saltar ao contido principal

POR UNA SANIDADE PROGRESISTA

        O sistema sanitario que se foi construíndo neste país dende hai décadas é un dos maiores logros colectivos, que a cidadanía percibe como propio e ao que se sinte profundamente vinculada por entendelo como unha potente ferramenta de igualación social. A nosa sanidade pública vaise configurando entre os azos sociais, os grandes avances científicos, a rede de grandes profesionais que a integran e os impulsos políticos que responden a estas realidades. A pandemia provocada pola COVID foi un impacto enorme sobre o conxunto da sociedade, e serviu de test de estrés sobre un sistema sanitario que funcionou ao mellor nivel. España converteuse nun país de referencia no sistema de vacinación, e intensificouse a valoración que a cidadanía estima do conxunto dos e das profesionais do sistema. A pesares diso evidenciou tamén algúns problemas nos escenarios laborais, puxo o foco en grandes infraestruturas non tan necesarias como outros posibles avances, e amosou que é necesaria unha xestión coordinada e leal entre as estratexias e políticas xerais deseñadas no conxunto do Estado e a execución da asistencia sanitaria que corresponde ás Comunidades Autónomas. A priorización dos intereses propios sen visión de conxunto vai contra a concepción solidaria do propio sistema público de saúde. Necesitamos seguir crecendo dende unha concepción pública e progresista do sistema sanitario. Hoxe somos un dos países do mundo coa maior esperanza de vida, o que debe acompañarse de boa calidade ante a cronicidade e de consolidar unha forte coordinación do eido sociosanitario. Para iso debemos comprender a necesidade de transformar o noso sistema nun espazo destinado á saúde no seu concepto máis amplo, reforzando especialmente o noso sistema de atención primaria para ser máis resolutivo e para dotalo de capacidade de desenvolver a atención comunitaria, rexeitando así as miradas que buscan limitar dereito na asistencia e na atención ás persoas en función da súa condición, sexo, idade ou procedencia. Existen tamén novos retos, que dende a política sanitaria foron menos tidos en conta en tempos anteriores e que hoxe deben protagonizar esta nova concepción, como a saúde mental, especialmente en idades máis temperás. Os grandes avances nas terapias e tratamentos de última xeración deben ser tamén un gran obxectivo, garantindo que sexan accesibles a toda a poboación. Polo progreso na sanidade pública e de calidade Unha concepción progresista do noso sistema sanitario tamén é aquel que coida ao valor máis prezado que temos, que son os e as profesionais. É necesario deixar a sanidade ao marxe de políticas de redución de gasto público que ás veces sobrevoan como ameazas, e afrontar os necesarios debates fiscais que, lonxe de lecturas fáciles e de curto rendemento, afronten a realidade de que será o esforzo proporcional e progresivo dos cidadáns o que sosterá a calidade e capacidade que desexamos. A nosa sociedade creceu nos últimos 40 anos cun sistema sanitario que a Lei Xeral de Sanidade do ano 1986 deseñou con gran acerto. Vivimos tempos nos que precisamos afianzar os dereitos conseguidos e ser quen de proxectar o futuro con esperanza. Ante as decisións trascendentais que debemos tomar nos vindeiros días, os asinantes deste manifesto queremos facer ver que resulta imprescindible ter en conta unha visión progresista, que entenda que a sanidade é, e debe seguir sendo, un exemplo do que a nosa sociedade pode conseguir se traballa mirando cara o futuro. Precisamos continuar esta senda de éxitos, sen retroceder e defendendo que os instrumentos que permiten igualar á sociedade son a ferramenta máis potente para progresar. Galicia, xullo de 2023. O                          


               O sistema sanitario que se foi construíndo neste país dende hai décadas é un dos maiores logros colectivos, que a cidadanía percibe como propio e ao que se sinte profundamente vinculada por entendelo como unha potente ferramenta de igualación social. A nosa sanidade pública vaise configurando entre os azos sociais, os grandes avances científicos, a rede de grandes profesionais que a integran e os impulsos políticos que responden a estas realidades. A pandemia provocada pola COVID foi un impacto enorme sobre o conxunto da sociedade, e serviu de test de estrés sobre un sistema sanitario que funcionou ao mellor nivel. España converteuse nun país de referencia no sistema de vacinación, e intensificouse a valoración que a cidadanía estima do conxunto dos e das profesionais do sistema. A pesares diso evidenciou tamén algúns problemas nos escenarios laborais, puxo o foco en grandes infraestruturas non tan necesarias como outros posibles avances, e amosou que é necesaria unha xestión coordinada e leal entre as estratexias e políticas xerais deseñadas no conxunto do Estado e a execución da asistencia sanitaria que corresponde ás Comunidades Autónomas. A priorización dos intereses propios sen visión de conxunto vai contra a concepción solidaria do propio sistema público de saúde. Necesitamos seguir crecendo dende unha concepción pública e progresista do sistema sanitario. Hoxe somos un dos países do mundo coa maior esperanza de vida, o que debe acompañarse de boa calidade ante a cronicidade e de consolidar unha forte coordinación do eido sociosanitario. Para iso debemos comprender a necesidade de transformar o noso sistema nun espazo destinado á saúde no seu concepto máis amplo, reforzando especialmente o noso sistema de atención primaria para ser máis resolutivo e para dotalo de capacidade de desenvolver a atención comunitaria, rexeitando así as miradas que buscan limitar dereito na asistencia e na atención ás persoas en función da súa condición, sexo, idade ou procedencia. Existen tamén novos retos, que dende a política sanitaria foron menos tidos en conta en tempos anteriores e que hoxe deben protagonizar esta nova concepción, como a saúde mental, especialmente en idades máis temperás. Os grandes avances nas terapias e tratamentos de última xeración deben ser tamén un gran obxectivo, garantindo que sexan accesibles a toda a poboación. Polo progreso na sanidade pública e de calidade Unha concepción progresista do noso sistema sanitario tamén é aquel que coida ao valor máis prezado que temos, que son os e as profesionais. É necesario deixar a sanidade ao marxe de políticas de redución de gasto público que ás veces sobrevoan como ameazas, e afrontar os necesarios debates fiscais que, lonxe de lecturas fáciles e de curto rendemento, afronten a realidade de que será o esforzo proporcional e progresivo dos cidadáns o que sosterá a calidade e capacidade que desexamos. A nosa sociedade creceu nos últimos 40 anos cun sistema sanitario que a Lei Xeral de Sanidade do ano 1986 deseñou con gran acerto. Vivimos tempos nos que precisamos afianzar os dereitos conseguidos e ser quen de proxectar o futuro con esperanza. Ante as decisións trascendentais que debemos tomar nos vindeiros días, os asinantes deste manifesto queremos facer ver que resulta imprescindible ter en conta unha visión progresista, que entenda que a sanidade é, e debe seguir sendo, un exemplo do que a nosa sociedade pode conseguir se traballa mirando cara o futuro. Precisamos continuar esta senda de éxitos, sen retroceder e defendendo que os instrumentos que permiten igualar á sociedade son a ferramenta máis potente para progresar. Galicia, xullo de 2023.