Saltar ao contido principal

Terceira entrega SOS Contidos ILP salvar a AP


 Terceira entrega SOS Contidos ILP salvar a AP

Recibidos

manuel martin

Adjuntos12:49 (hace 6 horas)
para bcc: 
erceira entrega contidos da ILP Salvar e Fortalecer a Atención Primaria. SOS Sanidade Pública 
image.png

MÁIS DA METADE DOS CONCELLOS DE GALICIA NON TEÑEN PEDIATRA


A Xunta de Galicia segue sen cubrir os servicios mínimos nos centros de saúde, entre as graves consecuencias da súa decisión de baixar o orzamento da da AP a menos da metade do que indica a OMS está a de deixar sen servicio de pediatría a máis dun 10% dos nenos de galicia , según os datos da propia Xunta de Galicia aportados pola Valedora do Pobo. As familias vense obligadas a desplazarse a outras localidades para poder ser atendidos, facendo a veces máis dunha hora de desplazamento en coche cando antes tiñan no seu centro de saúde local unha atención permanente e sen problemas nas citas.

Non se están a cubrir as xubilacións dos pediatras, nin se cubren as vacacións ou os días de asuntos propios, deixando aos pacientes sen servicio. As aparentes solucións da Xunta de Galicia promocionadas nos medios de comunicación tras a gran manifestación en Santiago de Compostela o pasado 12 de febreiro estiveron limitadas a cubrir nalgúns dos casos o servicio con puericultores ou persoal sanitario que non eran pediatras, con contratos de interinidade que rematarán pasadas as eleccións municipais, ou ofrecendo noutros casos servicio dous días á semana, polo que as citas chegaban a ter 3 semanas de espera, obligando aos pacientes a desplazarse aos hospitais, colapsando os servicios de urxencias pediatricas dos mesmos.

O débil argumento do Sr. Comesaña como Conselleiro de Sanidade para xustificar non cubrir unha praza de pediatra dicindo que “un ratio de 108 nenos por pediatra non é eficiente” demostra que a Xunta de Galicia pretende que aceptemos que o concepto de “rentabilidade” debe estar por encima dos Dereitos e das necesidades dos pacientes, algo que evidentemente é moi perigoso pois Galicia é maioritariamente rural e non se pode consentir que se discrimine aos pacientes que non viven en centros urbanos deixandoos sen servicios. Unha política de xestión fracasada que fomenta o vaciado do rural. pois as familias con fillos están a quedar ser servicios mínimos

A Atención Primaria, ademáis de recuperar urxentemente o eliminado irresponsablemente pola Xunta de Galicia, tanto en persoal como en orzamentos, (para poder cubrir así os servicios mínimos), necesita incrementar xa as plantillas dos Centros de Saúde e a participación no gasto sanitario.

Aínda que a lexislación que regula as ILP impediu que se puidese incluir nesta a proposición de incrementos nos orzamentos, a Xunta pode facelo sen problema, e resulta evidente que a Atención Primaria necesita introducir cambios na organización e funcionamento dos Centros de Saúde e incorporar novas categorías profesionais para garantir unha atención integral, dar resposta as necesidades e demandas de Saúde da Poboación. Case a mitade das demandas nos Centros de Saude ten relación con patoloxias mentais e un 30% con problemas musculo-esqueléticos ou respiratorios que mellorarían con fisioterapia.

O modelo actual necesita, ademais de mais recursos, unha adecuación dos mesmos aos cambios na saúde da poboación. Ademais de salvar a AP e necesario fortalecela y modernizala, non se poden volver a repetir algúns erros de xestión do pasado.

Isto é o que se inclue na Iniciativa Lexislativa Popular imprecindible e necesaria que precisamos que o Parlamento de Galicia aprobe o próximo 9 de maio. Vémonos as 10:00h diante do Parlamento!

Capitulo III. Mellorar a estrutura e funcionamento dos Centros de Saúde, Servizos de Urxencias Extrahospitalarios e Servizos de Ambulancias

Artigo 3. Adecuar as plantillas de persoal as necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade
O persoal dos Centros de Saúde establecerase tendo en conta as condicións xeografías, a estrutura da poboación, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria
.
  • Para ilo constituirase unha Comisión Especifica na que estarán representantes das organizacións sindicais; organizacions científicas; e das categorías laborais e profesionais que integran os equipos; e organizacions veciñais.
  • Establecer un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres, salvo que por moytivos xeográficos ou pobacionais se estableza un rateo menor.
  • As consultas medicas non deberan superar, como norma xeral, 30 o dia, para garantir un tempo de consulta non inferior a dez minutos por paciente, algo necesario para garantir a calidade da atención e unha boa relación medico/a paciente
  • Incorporar aos cadros de persoal dos centros de saúde novas categorías profesionais como psicoloxía, logopedia, atención tempera, terapia ocupacional, podoloxía, ópticos…e redimesionar as existentes incrementado substancialmente a Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social, Saude Dental. Estes cambios axudarían a desmedicalizar a atención e reducir a presión sobre as consultas medicas.             
Máis info na web https://sossanidadepublica.wordpress.com/2023/05/01/mais-da-metade-dos-concellos-de-galicia-non-tenen-pediatra/