Fwd: SOS sanidade no Dia Mundial da Atención Primaria
O 12 de abril, declarado pola OMS como Dia Mundial da Atención Primaria, ésta reitera o dereito da poboación para gozar do máis alto nivel de saúde e que a Atención Primaria sexa a pedra angular do Sistema de saúde, para que sexan sostibles e capaces de facer fronte aos problemas Sanitarios, garantir a asistencia sanitaria e o acceso universal á saúde da poboación.
A OMS fai un chamamento para que este día, supoña unha oportunidade para reafirmar este dereito das persoas, propoñendo unha serie de medidas para aplicar en todolos países do mundo:
Promover iniciativas para fortalecer a AP e reflexionar sobre logros e vantaxes de Sanidade Pública, que mellorou a calidade de vida durante as últimas décadas.
Fortalecer e transformar os sistemas de saúde poñendo a AP como elemento central.
Comprometer á comunidade nas actividades do sistema sanitario.
Negociar os cambios necesarios entre autoridades, persoal sanitario e sociedade civil.
Aplicar políticas multisectoriais de saúde.
Dar participación e capacidade de decisión á poboación no sistema sanitario.
Organizar os servizos de saúde de maneira integrada e centrados na Atención Primaria.
Renovar e potenciar os servizos de Saúde Pública..
Todas estas medidas forman parte das reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e contan co respaldo de boa parte da poboación, como se demostrou aa gran Manifestación do 12 de febreiro na Praza do Obradoiro, con mais de 50.000 persoas así como as firmas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a AP que recolleu máis de 40.000.
Desgraciadamente a política sanitaria da Xunta de Galicia, camiña en senso contrario, centrada en: Desmantelar a Atención Primaria; recortar orzamentos e persoal; poñer barreiras de acceso aos Centros de Saúde e PAC; abandoar a atención integral que combina a promoción, prevención e rehabilitación; someter a Atención Primaria ás Xerencias Hospitalarias; suprimir as áreas sanitarias que permitirían coordinar os recursos sanitarios, socio-sanitarios e administracións locais; impedir a participación social e profesional. En definitiva acabar coa Atención Primaria Publica, favorecendo a privatización do sistema sanitario público e dos seguros sanitarios.
A Atención Primaria Galega é aínda unha das mellores do mundo, segundo as máis prestixiosas revistas sanitarias internacionais e a propia OMS; perdela supoñería un desastre de consecuencias incalculables para a saúde da poboación, para todo o sistema sanitario público e para o persoal sanitario. Ningún sistema, por forte que sexa, pode sobrevivir á falta de financiamento, de persoal e a mala organización e xestión.
É necesario incrementar o orzamento ata o 25% do total sanitario, recuperar e incrementar as plantillas de persoal, incorporar novas categorías profesionais aos equipos, mellorar a dotación e equipamento dos Centros de Saúde e PAC, poñer a AP no eixo do sistema e recuperar o seu carácter participativo e Comunitario para garantir unha atención integral e actuar eficazmente sobre os determinantes da saúde. Dignificar a profesión sanitaria.
Ata o de agora, a resposta da Xunta de Galicia foi o silencio, o desdén. As únicas medidas adoptadas consistiron en pequenas melloras salariais para o persoal médico, suprimir o acceso a poder traballar sen exame para conseguir ás prazas, suprimir a obrigatoriedade da dedicación exclusiva do persoal do sistema publico, e pequenos cambios no funcionamento da burocracia sanitaria.
Por iso desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia:
1. Propoñemos que o día 12 de abril que é o Dia Mundial da Atención Primaria, as Plataformas de toda Galicia, poñan cartaces e realícen accións fronte aos Centros de Saúde, que denuncien as carencias e os problemas específicos de cada localidade e facelos chegar aos medios de comunicación e redes sociais.
2. Convocamos tamén, a todalas Plataformas e Organizacións a unha nova gran mobilización social e profesional con concentracións en cada localidade o próximo día 26 de abril en defensa da Atención Primaria Pública e en apoio á ILP, pois cremos que se debterá no Parlamento sobre o 9 de maio.
ResponderReenviar |