Saltar ao contido principal

PREMIO ACAMPA POR LOS DDHH

PREMIO “ACAMPA” PARA PILLADO
O noso compañeiro RAFAEL PILLADO rcibe o III Recoñecemento ACAMPA á Defensa dos Dereitos Humanos, na categoría galega. Pillado obtén este premio polo seu "compromiso inquebrantable" e por ser "un incansable loitador dos dereitos sociais e políticos da clase traballadora".
O internacional recaeu sobre Pepe Mújica, que fora presidente de Uruguai (2010-2015) "digno merecedor" deste recoñecemento por ser "a súa voz un inquebrantable instrumento na defensa dos pobres, os esquecidos e os invisibles". "Mújica é crítico co consumismo e o modelo de civilización actual, que deixa fóra a millóns de persoas"
Segundo informou a Rede Acampa a través dun comunicado, o acto de entrega do galardón, unha escultura da artista Pilar Subías, terá lugar durante o desenvolvemento do VII Atopo Internacional Acampa pola Paz que reunirá na Coruña a especialistas e fotoperiodistas para reflexionar sobre “Odio ou Convivencia”, este evento celebrarase do 16 ao 18 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez.