Estimadas/os e amigas/os
Como xa sabedes a Xunta Electoral entregou as firmas á Mesa do Parlamento para o seu
debate no Pleno. Según me comentou a funcionaria da Xunta Electoral é posible que haxa un
tempo de entre un ou dous meses para o seu debate (de acordo a experiencia de ILP
anteriores)
Envío unha serie de propostas, elaboradas por Isabel Rey, que leva a Web, para continuar co
apoio a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar a Atención Primaria
Como acordamos manter a mobilización social en apoio á ILP, estas ideas e iniciativas poderían
complementar as mobilizacións que as Plataformas seguen convocando en toda Galicia.
Son un conxunto de propostas que teñen por finalidade axudar ás Plataformas para manter a
mobilización social, son moi variadas e extensas e loxicamente nin son de obrigado
cumprimento nin poderán ser postas en marcha en tódalas localidades (adxunto un
documento coas posibles prioridades por colores, aberto a calquera modificación) .
Por favor enviade vosas opinións e propostas de cambios ou engadidos
Podedes consultar a paxina WEB
Seria importante que a próxima semana celebramos unha nova reunión para falar sobre o
tema.