Nota AGDSP Folga medica indefinida na AP
| 9:51 (hace 1 hora) | |||
Diante da convocatoria de folga indefinida polo sindicato CESM a partir do 11 de abril, pese ao momento critico para a Atención Primaria polos recortes de persoal e a política de desmantelamento pola actual Xunta de Galicia, desde a AGDSP queremos comunicar que:
1.- Consideramos a folga como un dereito fundamental recoñecido pola Constitución para todas as traballadoras e traballadores, calquera que sexa o seu ámbito de traballo.
2.- A pesar de que o funcionamento da AP baséase no traballo en equipo de numerosas categorías profesionais, a convocatoria que se presenta deixa fora ao resto de categorías profesionais da Atención Primaria, o que reflicte a concepción elitista e corporativista deste sindicato.
4.- Parécenos oportunista a convocatoria desta folga tras as grandes mobilizacións sociais desde antes do verán e que culminaron nunha manifestación de máis de 50.000 persoas na Praza do Obradoiro o pasado mes de febreiro. Aínda que estas incluían nas súas reivindicación medidas para acabar coa precariedade laboral do persoal, os Sindicatos Corporativos ou os Colexios de médicos, nin apoiaron nin participaron nas mesmas (aínda que si numerosos profesionais a título individual).
5.- Aínda que algunhas das reivindicacións son xustas e necesarias (melloras salariais ou de condicións de traballo), propoñen axendas pechadas de 25 pacientes ao día, que sen ir acompañadas do incremento substancial de persoal médico, conducirán inexorablemente a agravar as listas de espera da poboación que xa son inaceptables. Tamén propoñen cambiar o actual modelo de Puntos de Atención Continuada (PACs), falando dunha reordenación que apunta ao peche de PACs e a dificultar o acceso da cidadanía.
6.- Por ultimo consideramos absolutamente inaceptable que se reivindique acabar coa dedicación exclusiva de persoal médico que traballa no sistema publico e a supresión do complemento de dedicación que incentiva a mesma. Esta reivindicación, xunto coa incorporación do pago por acto médico que tamén propoñen, abre a senda da privatización da Atención Primaria, iniciada estes días pola Junta de Andalucía.
Asociación Galega Para a Defensa da Sanidade Pública