Ideas para seguir co apoio a ILP
| 11:37 (hace 2 horas) | |||
Estimadas/os e amigas/os
Como sabedes a Xunta Electoral entregou as firmas á Mesa do Parlamento para o seu debate no Pleno. Según me comentou a funcionaria da Xunta Electoral é posible que haxa un tempo de entre un ou dous meses para o seu debate (de acordo a experiencia de ILP anteriores)
Envío unha serie de propostas, elaboradas por Isabel Rey (a compañeira que leva a Web de SOS), para continuar co apoio a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar a Atención Primaria
Uns dos documentos conten un conxunto de ideas e propostas que teñen por finalidade de axudar ás Plataformas a manter a mobilización social. Son moi variadas e extensas e loxicamente nin son de obrigado cumprimento nin poderán ser postas en marcha en tódalas localidades e plataformas (o documento contempla posibles prioridades por colores, e esta aberto a calquera modificación) .
Quen queira pode facer uso delas. Os cartaces poderían enviarse as redes sociais, podedes consultar a paxina WEB
Seria importante que a próxima semana celebramos unha nova reunión para falar sobre o tema.
Saúdos
Manuel Martin
Voceiro