Saltar ao contido principal

VUELA ALTO COMPAÑERO Y AMIGO !!!


                Na tarde do 20 de febreiro do 2023 finaba Rafael Pillado Lista, vítima dun sistema neglixente que

rouboulle anos de vida por expoñelo ao amianto; ese inimigo silencioso. Pillado (San Cibrao, 1942),
como o coñecíamos, residiu en Ferrol desde os dous anos, seguindo ao seu pai -preso no Castelo de
San Felipe- pola súa militancia antifranquista.
Aos 15 anos incorporouse á Escola de Aprendices da E.N, Bazán., empresa onde transcorre toda a
súa vida laboral. En 1960 afíliase ao PCE, desenvolvendo unha intensa actividade política e
sindical, participando na fundación das CCOO. Foi detido e encarcerado en varias ocasións e, por
sucesos do 10 de marzo de 1972, foi procesado polo TOP no coñecido Xuízo dos 23, sendo
condeado a 7 anos de cárcere, dos que cumpriu 4 por ser amnistiado na transición. Foi confundador
do PCG, militou na Asemblea para Unidad dos Comunistas, Partido dos Traballadores e PSOE.
Actualmente colaboraba como inscrito en PODEMOS.
Foi cofundador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, da asociación cultural Fuco
Buxán, membro de honor da mesma, e da Asociación Galega de Vítimas do Amianto (AGAVIDA).
Rafael estará sempre nas nosas lembranzas como persoa loitadora polos dereitos sociais e políticos
a prol da democracia e cultivaremos a súa herdanza: dignidade, semente de vencer e alegría.
Asociación Cultural Fuco Buxán.